Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5410

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2013 pola que se publica a data da posta en funcionamento da Axencia Turismo de Galicia.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro), establece na disposición adicional primeira, ordinal segundo, que a Axencia iniciará o exercicio das funcións que ten encomendadas dentro do prazo de dous meses desde a súa constitución. Así mesmo, dispón que por resolución da Dirección da Axencia, conforme o indicado polo Consello Reitor, se publicará a data da súa posta en funcionamento.

Na súa virtude, e logo da indicación do Consello Reitor na súa sesión constitutiva celebrada o 18 de febreiro de 2013, e en virtude das atribucións que teño conferidas,

RESOLVO:

Publicar que a data da posta en funcionamento da Axencia Turismo de Galicia será o 1 de marzo de 2013.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013

María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia