You are on page 1of 2

Xosé Lois Jácome Enríquez, deputado do grupo mixto (Coalición SON),

presenta a seguinte moción para o seu debate e a súa aprobación, se procede,


no pleno da Deputación de Pontevedra:

MOCIÓN PARA O CESE DO DETERIORO DO SERVIZO DE CORREOS NA


PROVINCIA DE PONTEVEDRA, A FALLA DE PERSOAL NO MUNICIPIO DE
VIGO E A SÚA COMARCA E POLA REVERSIÓN DOS RECORTES EN
FINACIAMENTO.

O servizo postal público, deficitario en boa parte do territorio, tamén na comarca


de Vigo, especialmente en ámbitos non urbanos, depende de Correos, entidade
que, xa no exercicio orzamentario do 2017 viu recortado o seu financiamento
pola prestación do Servizo Postal Universal nun 66% (120 millóns de euros).

No día de onte, tras a aprobación no Congreso dos Deputados dos Orzamentos


Xerais do Estado, estes volven levar a cabo un novo recorte, alén de que o propio
Estado xa lle endebeda á empresa postal pública máis de 250 millóns de euros
correspondentes aos exercicios dos últimos anos.

Os prexudicados están sendo, no primeiro lugar, a cidadanía e as empresas de


zonas rurais, lugares diseminados poboacionalmente así como polígonos
industriais, ámbitos nos que o servizo prestado por Correos está experimentando
un deterioro considerable, con medidas extremas como a supresión do propio
servizo en moitos casos.

Neste sentido, e a consecuencia da redución dos medios de financiamento cos


que conta Correos para a prestación do servizo público, a empresa recortou
15.000 postos de traballo desde o ano 2010, 155 na provincia de Pontevedra,
que, ademais de provocar o empeoramento do servizo postal, supuxo unha
perda de emprego na nosa provincia.

O recorte de servizos prestados á cidadanía, especialmente en zonas como Vigo


e a súa comarca, implica a desaparición ou recorte do reparto domiciliario de
correspondencia, peche de oficinas en zonas rurais ou de escasa poboación,
redución de horarios de atención ao público ou supresión de postos de traballo
de ámbito rural, que actualmente prestan servizo en miles de núcleos de
poboación que se virán privados dun acceso mínimo aos servizos postais.

Este recorte, no ámbito do estado, afectará a máis de 16 millóns de persoas que


viven en medianas e pequenas poboacións. Na nosa provincia, o axuste poderá
implicar: 335 postos de carteiras e carteiros suprimidos e poboacións sen reparto
regular de luns a venres, afectando a practicamente toda a veciñanza pola perda
e/ou debilitamento do servizo postal.
Ante esta situación, os sindicatos de Correos xa advertiron do inicio dun proceso
de mobilizacións e conflito laboral aberto no caso de non corrixirse o recorte en
financiamento e emprego, feito xa consumado tras a aprobación dos
Orzamentos Xerais do Estado. Estas mobilizacións xa darán comezo no ámbito
do Estado o vindeiro 7 de xuño, con paros de 2 horas.
Polo exposto, o Grupo Municipal da Marea de Vigo presenta ao Pleno para a súa
aprobación se procede as seguintes propostas de
ACORDOS:
1. O Pleno da Deputación de Pontevedra manifesta o seu rexeitamento ao
recorte de financiamento, recorte que afectará a todas as localidades, e de
forma especial a poboacións de ámbito rural e zonas non rendibles
economicamente, implicando unha desigualdade manifesta respecto a
ámbitos urbanos e grandes centros de poboación.

2. Instar ao Goberno, como máximo responsable na determinación de


recursos adicados a garantir o servizo de Correos á cidadanía, a corrixir un
recorte que ten consecuencias claramente negativas para a cidadanía, para
Correos e para os seus traballadores e traballadoras. Así mesmo, esíxese
a restitución dos 120 millóns de euros recortados nos Orzamentos Xerais
do Estado do 2017 para garantir a prestación do Servizo Postal Universal a
viabilidade da empresa pública.

3. Instar ao Ministerio de Facenda, como propietario de Correos, á


aprobación do Plan Estratéxico que permita a súa adaptación empresarial
ás necesidades e á demanda da cidadanía, así como á garantía do cadro
de persoal suficiente para a prestación adecuada do servizo.

4. Instar ao Goberno a desbloquear o Convenio Colectivo e o Acordo


funcionarial, bloqueado dende fai máis de 4 anos, da maior empresa
pública do noso país con máis de 50.000 traballadoras e traballadores.

5. Instar ao conxunto de Grupos Parlamentarios con representación nas


Cortes Xerais a impulsar as iniciativas necesarias para facer posible dita
rectificación.

XOSÉ LOIS JÁCOME

COALICIÓN SON

____________, a ________ de___________ do 2018

You might also like