Martes, 24 de octubre · Número 202
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2017_0000008947

Administración Local

Municipal

Curtis

Convocatoria e aprobación de bases para o proceso de selección dun/unha funcionario/a interino/a, Grupo E Subgrupo A2, da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, coa denominación “Arquitecto técnico”, e formación dunha lista de reserva

Mediante Decreto da Alcaldía nº 325/2017, de data 18/10/2017, aprobáronse as bases para a o proceso de selección dun/unha funcionario/a interino/a, do Grupo E Subgrupo A2, da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, coa denominación “Arquitecto técnico”, e formación dunha lista de reserva., que deseguido se transcriben:

 

“(...)

PRIMEIRO.- Considerar a Asistencia Técnica en materia de Urbanismo como un servizo urxente e inaprazable e consecuentemente convocar e aprobar as bases do proceso de selección dun/unha funcionario/a interino/a, do Grupo E Subgrupo A2, da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Coa denominación “Arquitecto técnico”, e formación dunha lista de reserva, que deseguido se transcriben:

BASES PARA A SELECCIÓN DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A, DO GRUPO E SUBGRUPO A2, DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, COA DENOMINACIÓN “ARQUITECTO TÉCNICO” E FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA, MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE.

 

PRIMEIRA. - OBXECTO DA CONVOCATORIA

1.- O obxecto desta convocatoria é a selección dun funcionario/a interino/a, para unha praza coas seguintes características:

Clasificación: Escala de Administración Especial, Subescala Técnica.

Subgrupo: A2

Nivel de Complemento de Destino: 26

Complemento específico: 7.000 €.

Denominación: Arquitecto técnico.

Nº de vacantes: 1

Acceso: libre

Sistema de selección: oposición

Xornada: completa.

2.- A razón desta selección é a cobertura temporal mentres non sexa posible a cobertura da praza por un funcionario de carreira, dadas as restricións en materia de persoal derivadas das sucesivas leis de orzamentos estatais dos últimos anos, e concretamente da que está en vigor no momento de aprobación das presentes bases.

3.- As tarefas asignadas serán, en términos xenéricos, as seguintes:

- Realizar todos os informes en materia urbanística (comunicacións previas, licencias de obras, actividades, aliñacións, primeiras ocupacións, disciplina urbanística, etc).

- Asistencia técnica xeral nos asuntos propios do departamento e para os que lle sexa requirido polas distintas concellerías, conforme a súa capacitación profesional específica.

- Asumir a supervisión e seguimento de proxectos de infraestruturas públicas, conforme a súa capacitación profesional específica.

- Redacción de proxectos e memorias valoradas conforme á súa capacitación profesional específica.

- Supervisión técnica directa e o control da prestación daqueles servizos básicos que o Concello ten externalizados.

- Exercer o control de infraestruturas públicas de todo tipo, especialmente no desenvolvemento de procesos de urbanización conforme a súa capacitación profesional específica.

- Outras funcións que se lle poidan encomendar dende calquera departamento municipal de conformidade coa súa capacitación profesional para o cumprimento dos fins previstos pola normativa en vigor.

4.- O persoal interino cesará, ademais de polas causas previstas no art. 63 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (en adiante TREBEP), cando se dea calquera das causas previstas no art. 24.2 da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia.

SEGUNDA.- SISTEMA DE SELECCIÓN E FORMACIÓN DE LISTA DE RESERVA.

1.- Segundo os artigos 10.2 do TREBEP e 24.1 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia, a selección de funcionarios interinos realizarase mediante procedementos áxiles que respectarán en todo caso os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e libre concorrencia.

2.- As probas selectivas realizaranse polo sistema de oposición libre, consonte ao permitido no TREBEP; na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos ós que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local e demais lexislación concordante e de aplicación.

3.- Como resultado deste proceso de selección, aprobase ademais unha lista de reserva conforme ao disposto nas bases oitava e novena.

TERCEIRA.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES

Para formar parte do proceso selectivo os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data de expiración do prazo concedido para a presentación das solicitudes:

1.- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público, conforme aos artigos 56 e 57 do TREBEP e ao art. 52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia.

2.- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa (requisito que deberá acreditarse coa presentación de copia do Documento Nacional de Identidade).

3.- Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais e funcións correspondentes ao posto de traballo para o que se opta.

4.- Declaración de non haber sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse en inhabilitación para o exercicio da función pública por sentenza firme.

5.- Declaración de non estar incurso en causas de incompatibilidades de conformidade co disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

6.- Estar en posesión, ou en condicións de obter na data na que finalice o prazo de presentación de Instancias, do título Grao en Arquitectura Técnica, ou título equivalente.

7.- Segundo o artigo 51 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego na administración pública, incluirase un exame de galego, agás para aqueles aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente, mediante a presentación do certificado Celga 4 ou equivalente, como mínimo.

Os anteriores requisitos deberanse reunir con referencia ao último día de prazo de presentación das instancias, e será nulo o nomeamento como funcionario interino a quen estea incurso en causas de incapacidade conforme á normativa vixente.

CUARTA. - PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

A instancia, xunto co resto da documentación mínima que os aspirantes deben presentar solicitando participar no proceso selectivo presentarase no modelo ANEXO II dirixido ao alcalde da corporación, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 15:00 horas de luns a venres, no prazo de 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. As bases serán expostas no taboleiro municipal e serán publicadas na páxina web do concello e na sede electrónica.

As instancias, xunto coa documentación precisa tamén poderán remitirse na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, así como a través da Sede electrónica do Concello da Curtis. No caso de non ser presentado no rexistro municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (981606331) ou un e-mail ao seguinte correo: concello@curtis.es, coa copia da solicitude debidamente rexistrada dentro do prazo de presentación.

Xunto á instancia, tamén se presentará:

* A Fotocopia do DNI.

* A Fotocopia do título mínimo requirido

* O Celga 4 ou equivalente (de ser o caso). Os/as aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega, mediante a súa presentación quedarán exentas da realización da proba de galego, e daráselles por superada coa cualificación de apto/a.

* Xustificante do pago taxa de dereito de exame, que conforme a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos e outros servizos administrativos (BOP nº 153, de 14/08/2017), será de 50 €, que poderá ser efectuada en calquera das seguintes contas bancarias de titularidade municipal:

ABANCA: ES89 2080 0081 1731 1000 0020

LA CAIXA: ES37 2100 8031 7602 0000 0323

BANCO PASTOR: ES57 0238 8171 3006 6000 0271

SANTANDER: ES26 0030 6062 0308 7000 0271

* O Anexo II debidamente cumprimentado con todas as declaración indicadas na base terceira.

A documentación poderá ser fotocopia, sen ser precisa a copia cotexada; presumirase documentación auténtica, e unicamente será requirida a presentación da documentación orixinal ao/a aspirante que finalmente sexa seleccionado/a.

No caso de detectarse falsidade documental, será motivo de exclusión do proceso.

QUINTA. - ADMISIÓN DE ASPIRANTES

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o sr. Alcalde, mediante resolución aprobará unha lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de edictos do Concello, na sede electrónica e na web do Concello, relacionándose os aspirantes excluídos con indicación da causa de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas.

Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que se publicará na mesma forma e determinará o lugar, data e hora da celebración a lo menos do primeiro exercicio, así como a composición do Tribunal de selección.

SEXTA. - TRIBUNAL CUALIFICADOR

1.- O tribunal cualificador será designado por Resolución da Alcaldía no momento de aprobación das listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as. En base ao establecido na Lei 2/2015 do emprego público de Galicia, estará integrado por un Presidente/a, tres vogais e un secretario/a, titulares e suplentes, sendo todos eles funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo, pertencente a un corpo ou escala ou categoría para ingreso no cal se requira titulación igual ou superior á de agora esixida.

A lo menos dous dos seus vocais deberán ser técnicos de administración especial da área de urbanismo ou similar, dunha administración pública local.

2.- Todos/as os/as vogais deberán contar con titulación igual ou superior á esixida como requisito dos aspirantes. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, polo menos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes, debendo estar presentes en todo caso o/a presidente/a e o/a secretario/a. De tódalas reunións que faga o tribunal o/a secretario/a redactará acta.

3.- Os membros do tribunal absteranse de intervir e o comunicarán á autoridade convocante cando concorran algunhas das circunstancias prevista no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

4.- O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan en aplicación das presentes bases así como nos casos non previstos polas mesmas.

5.- O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores, con voz e sen voto, para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente.

6.- Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcións de asistencias clasificaranse consonte o disposto no Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razóns de servizo.

7.- O tribunal non poderá propoñer o acceso á condición de funcionario/a interino/a de máis de un aspirante. Non obstante, na acta da última sesión do tribunal de selección incluiranse unha lista de reservas entre os/as aspirantes que aprobaron a oposición por orde de maior a menor puntuación para cubrir posibles baixas por incapacidade, vacacións, renuncia ou outras continxencias sobrevidas no candidato con maior puntuación nomeado funcionario/a interino/a.

8.- O alcalde, vista a proposta do tribunal, procederá á ditar a Resolución correspondente que acordará o nomeamento como funcionario/a interino/a e a aprobar a lista de reservas.

SÉTIMA. - COMEZO E DESENVOLVEMENTO DA OPOSICIÓN.

1.- A selección realizarase de conformidade co previsto nas presentes bases polo sistema de oposición libre cos candidatos que consten na lista definitiva de admitidos.

2.- Os aspirantes convocaranse para cada exercicio en chamamento único (por orde alfabética, comenzando pola A), sendo excluídos da oposición os que non comparezan, agás nos casos debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.

Os aspirantes deberán acreditar a súa personalidade coa exhibición do documento nacional de identidade ou pasaporte.

3.- O tribunal publicará os sucesivos anuncios de celebración dos seguintes exercicios no Taboleiro de edictos do Concello, na páxina web e na sede electrónica do mesmo.

4.- A puntuación definitiva estará determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición dos aspirantes que a superen. O Tribunal publicará o nome dos/as aspirantes aprobados/as coa súa puntuación, realizando a proposta de nomeamento a favor do aspirante que acade a maior puntuación.

En caso de producirse algún empate, este resolverase pola puntuación obtida no segundo exercicio, e se o mesmo persistira resolverase por sorteo ante a presencia dos/as candidatos/as afectados/as.

5.- A oposición constará de tres exercicios (o primeiro e segundo realizaranse en lingua castelá ou galega, a elección do/a aspirante). Puntuación máxima total: 20 puntos.

PRIMEIRO EXERCICIO.- De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dun test de 40 preguntas, mais 5 de reserva, con catro respostas alternativas das que só unha será correcta, sobre o contido do programa especificado no anexo I. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 45 minutos.

Cada resposta correcta sumará 0,25 puntos. Cada resposta incorrecta restará 0,125 puntos. As respostas en branco nin sumarán nin restarán puntos.

Puntuarase cun máximo de 10 puntos, quedando eliminados aqueles que non obteñan un mínimo de 5 puntos.

SEGUNDO EXERCICIO.- De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en resolver por escrito, no tempo de unha hora e media, un/uns exercicio/s prácticos plantexados polo tribunal sobre o contido do programa especificado no anexo I e as funcións propias da praza de técnico de urbanismo.

Rematado o exercicio o tribunal poderá solicitar a lectura do exercicio aos aspirantes, que deberán cinguirse á exposición escrita realizada, quedando o tribunal capacitado pra realizar canta pregunta considere oportuna en relación ao exercicio desenvolto.

Puntuarase este segundo exercicio cun máximo de 10 puntos, quedando eliminados aqueles que non obteñan un mínimo de 5 puntos. Corresponde ao tribunal determinar o nivel de coñecementos básico para acadar a puntuación mínima.

TERCEIRO EXERCICIO.- En aplicación do previsto no artigo 51.2 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia respecto da acreditación do galego, aquelas persoas que non acrediten coñecementos en lingua galega (CELGA 4 ou equivalente) deberán realizar obrigatoriamente unha proba de galego que consistirá na tradución sen dicionario dun texto proposto previamente polo tribunal, de castelán ó galego, nun tempo máximo de trinta minutos. Este exercicio será cualificado de apto ou non apto.

OITAVA.- NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN.

1.- Finalizadas as probas selectivas o tribunal fará públicas no taboleiro de edictos do concello e na páxina web, a relación dos aspirantes indicando o seu DNI, pola orde decrecente da puntuación obtida.

2.- Dita relación, por orde decrecente, publicaranse no taboleiro de edictos, na sede electrónica e na páxina web do Concello de Curtis. Os/As interesados/as disporán dun prazo de dous días hábiles, contados dende o seguinte a esta publicación, para presentar as alegacións, que estimen oportunas, no Rexistro Xeral do Concello de Curtis.

Rematado o prazo indicado no parágrafo anterior, resolveranse polo tribunal as alegacións existentes, e volverase a publicar a lista cos resultados definitivos, designándose á persoa que obtivera a maior puntuación. Esta será proposta de nomeamento e formación de lista de reserva para a Alcaldía.

De non presentarse alegacións a primeira lista pasará a ser definitiva o que se publicará na mesma forma que a primeira.

3.- O/a aspirante que proposto/a, achegará no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir da publicación da lista definitiva de aprobados, a mesma documentación presentada para participar no proceso selectivo debidamente compulsada, así como o certificado ou informe médico acreditativo do disposto na base terceira punto 3.

4.- Unha vez presenta a documentación anterior ditarase resolución da Alcaldía na que se aproba o/a aspirante seleccionado/a para o seu nomeamento e a lista reserva de contratación. Esta resolución publicarase e esta publicación substituirá ás notificacións individuais as persoas interesadas, conforme ao disposto no art. 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

5.- A persoa seleccionada deberá tomar posesión dentro do prazo que se sinale na antedita resolución, que en todo caso será dentro dos tres meses seguintes á finalización deste proceso de selección, debendo previamente prestar xuramento ou promesa do seu cargo, de conformidade co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.
NOVENA. - FORMACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE INTERINOS

1.- A lista de reserva aprobada pola Alcaldía que se indica na base anterior funcionará como unha bolsa de reserva entre os/as aspirantes que aprobaron a oposición por orde de maior a menor puntuación para cubrir posibles baixas por incapacidade, vacacións, renuncia ou outras continxencias sobrevidas do candidato seleccionado, ou para cubrir outras necesidades que poidan xurdir sempre que concorran algunha das circunstancias descritas nos arts. 10.2 do TREBEP e 23 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia

2.- A lista de reserva funcionará do seguinte xeito:

- As persoas integrantes da lista de reserva non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda, de tal maneira que, se son nomeados, unha vez rematada a cobertura, retornará ao posto que lle correspondía na lista.

- O chamamento farase por vía telefónica. En aras de garantir este procedemento, os interesados deberán comunicar ao Concello calquera alteración dos seus datos de contacto. Como mínimo realizaranse dúas chamadas. O empregado público que realice o chamamento o fará constar mediante dilixencia indicando a disposición ou non do aspirante a cubrir interinamente a praza que corresponda, ou ben da imposibilidade de contactar con él se se dera o caso, con independencia de que se intente a comunicación por outro medio. De non atender ao chamamento entenderase que o aspirante non ten disposición de cubrir interinamente a praza.

- Unha vez feito o chamamento, o aspirante contará cun prazo de dous días hábiles para contestar e aceptar, debendo presentar nese prazo toda documentación conforme ao disposto na Base oitava, punto 3.

- De non aceptar o nomeamento deberá manifestalo por escrito, e pasarase a chamar ó seguinte aspirante da bolsa. Se se negara a manifestalo por escrito, bastará coa dilixencia do funcionario que fixera a chamada telefónica.

- O aspirante que rexeite o nomeamento pasará a ocupar o último lugar da lista de aspirantes, salvo que poida acreditar causa xustificada, en cuxo caso retornará ao posto que lle corresponda na bolsa creada. A segunda que vez que o rexeitara sen causa xustificada será excluído desta lista de reserva mediante resolución da Alcaldía.

Considéranse como causas xustificadas, as seguintes:

- A incapacidade temporal por enfermidade ou accidente (acreditado mediante parte médico)

- O estar traballando noutro sitio (acreditado mediante contrato de traballo ou declaración xurada do interesado/a).

En calquera momento os aspirantes poderán pedir a súa exclusión da bolsa/lista de reserva.

O efectivo funcionamento da bolsa de reserva estará supeditado á normativa vixente en cada momento.

DÉCIMA.- DEREITO SUPLETORIO:

No non previsto nestas bases acudirase ao disposto no sinalado no TREBEP; na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos ós que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal ó servizo da comunidade autónoma de Galicia e demais lexislación concordante e de aplicación.

UNDÉCIMA.-NORMA FINAL

A presente convocatoria, as súas bases e tódolos actos administrativos que da mesma se deriven e das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados no caso e na forma dispostos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

ANEXO I

A. TEMAS XERAIS

Tema 1.- A Constitución Española de 1978: estrutura e contido.

Tema 2 .- A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas: sistema de distribución de competencias. A Administración Local na Constitución.

Tema 3.- Os Estatutos de Autonomía. O Estatuto de Autonomía de Galicia: características e contido.

Tema 4.- O acto administrativo. Concepto, clases e elementos. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade. A notificación: contido, prazo e práctica. A publicación. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais e de feito. A executoriedade dos actos administrativos. A execución forzosa. Medios de execución forzosa.

Tema 5.- A Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Os interesados no procedemento administrativo. O procedemento administrativo: concepto e clases. Os principios xerais do procedemento administrativo. As normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días hábiles e cómputo de prazos. A recepción e rexistro de documentos.

Tema 6.- Fases do procedemento administrativo xeral. Especial incidencia sobre as diferentes maneiras de terminación do mesmo. O silencio administrativo.

Tema 7.- Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 8.- O municipio: concepto, elementos e competencias. O termo municipal. A poboación municipal. O Padrón de habitantes. O estatuto dos veciños.

Tema 9.- Competencias propias, compartidas e delegadas. Os servizos mínimos. A reserva de servizos.

Tema 10.- A organización municipal. Órganos necesarios e órganos complementarios. O Pleno. O Alcalde. Os tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local. Competencias de cada un deles. A participación dos veciños na xestión municipal. Réximes especiais.

Tema 11.- A potestade regulamentaria local. Ordenanzas e Regulamentos. Definición. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos. Ordenanzas e Regulamentos do concello de Curtis.

Tema 12.- Os contratos do sector público. Delimitación dos tipos contractuais. Os contratos menores. Remisión de información a efectos estatísticos e de fiscalización. Órganos de contratación nas Entidades Locais. O perfil de contratante. Preparación dos contratos. Selección do contratista e adxudicación dos contratos. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos. Os Rexistros oficiais de licitadores de empresas clasificadas. O Rexistro de Contratos do Sector Público. A Plataforma de contratación do Sector Público.

B. TEMAS ESPECÍFICOS

BLOQUE 1. URBANISMO: PLANEAMENTO, EXECUCIÓN E INTERVENCIÓN DA ADMINISTRACIÓN E DISCIPLINA.

Tema 13.- Aspectos xerais da evolución do urbanismo en España. A distribución de competencias en materia de urbanismo en España, a partir da Constitución. Lexislación estatal e autonómica.

Tema 14.- Evolución normativa do urbanismo en Galicia.

Tema 15.- O RDL 7/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana. Obxecto, disposicións xerais e condicións básicas de dereitos e deberes. Réxime do solo, regras procedimentais comúns e normas civís.

Tema 16.- A Lei 2/2016 do solo de Galicia. Exposición de motivos, principios xerais, competencia e organización administrativa, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, competencias dos concellos.

Tema 17.- O Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016 do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Tema 18.- O diferentes tipos de solo: urbano, urbanizable, núcleo rural e rústico na lexislación urbanística vixente.

Tema 19.- Planeamento urbanístico na Lei 2/2016 do solo de Galicia e no D 143/2016 polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016. Disposicións xerais, instrumentos de planeamento e plan básico autonómico.

Tema 20.- Plan xeral de ordenación municipal: formulación e contido, determinacións, documentación. Procedemento para a probación.

Tema 21.- Planeamento de desenvolvemento: disposicións xerais, procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 22.- Plans Parciais: obxecto, determinacións e documentación.

Tema 23.- Plans Especiais: finalidades, plans especiais de protección, plans especiais de reforma interior, plans especiais de infraestruturas e dotacións.

Tema 24.- Outras figuras de planeamento: delimitacións do solo de núcleo rural, estudos de detalle, catálogos.

Tema 25.- A vixencia e modificación de plans. Efectos da aprobación dos plans. Usos e obras provisionais. O réxime de fóra de ordenación. Normas de aplicación directa da Lei 2/2016 do solo de Galicia.

Tema 26.- Execución do planeamento urbanístico. Os proxectos de urbanización. Áreas de reparto, aproveitamento tipo, polígonos e actuacións illadas.

Tema 27.- Regras xerais de equidistribución. Sistemas de actuación: clases, elección de sistema e xestión.

Tema 28.- O sistema de cooperación e o sistema de expropiación. Obtención de terreos para dotacións. As actuacións de dotación. Os patrimonios públicos de solo.

Tema 29.- O sistema de concerto e o sistema de compensación.

Tema 30.- Operacións de reorganización da propiedade. Normalización de predios. Parcelacións, indivisibilidade de parcelas e réxime.

Tema 31.- Intervención da edificación e uso do solo. Deberes de uso, conservación e rehabilitación. As ordes de execución: obxecto, procedemento, execución forzosa. Rexistro de soares e venda forzosa. A declaración de ruína: obxecto e procedemento.

Tema 32.- Intervención na edificación e uso do solo. Licenzas e comunicacións previas: actos suxeitos a elas, procedementos, prelación de títulos habilitantes e actos promovidos polas administracións públicas.

Tema 33.- Intervención na edificación e uso do solo. Licenzas e comunicacións previas: prazos, prórrogas e caducidade.

Tema 34.- Disciplina urbanística. Inspección urbanística. Reposición da legalidade: obxecto, procedemento, executividade das ordes de reposición.

Tema 35.- Infraccións urbanísticas e sancións. Tipificación, prescrición, persoas responsables, competencia, procedemento e contías.

Tema 36.- O réxime transitorio da Lei 2/2016 e do Regulamento. Réxime aplicable aos municipios con planeamento non adaptado e os municipios sen planeamento e aplicación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Curtis. Réxime de autorizacións e licenzas outorgadas en solo rústico. Explotacións agropecuarias e forestais existentes. Reservas de vivenda protexida.

Tema 37.- As actividades na Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. O Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.

Tema 38.- A Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia. A Lei 7/2008 da protección da paisaxe de Galicia. As Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia (D 19/2011).

Tema 39.- A Lei 38/1999 de ordenación da edificación. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías. Disposicións relacionadas coa edificación, redacción de proxectos e dirección de obras. O RD 1000/2010 sobre visado colexial obrigatorio.

Tema 40.- O Decreto 106/2015 sobre contaminación acústica de Galicia.

Tema 41.- O Código Técnico da Edificación (RD 314/2006). Esixencias básicas. Contido do proxecto. Seguridade estrutural. Protección fronte a ruídos. Aforro de enerxía. Seguridade en caso de incendios. Seguridade de utilización. Salubridade.

Tema 42.- O D 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia. Vivendas de nova construción. Actuacións en edificios existentes.

Tema 43.- Condicións de accesibilidade e supresión de barreiras. A Lei 10/2014 de accesibilidade de Galicia e o Decreto 35/2000. O RDL 1/2013 polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social e o RD 505/2007 polo que se aproban as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados e edificacións.

Tema 44.- Instalacións de telecomunicacións nos edificios. RD 346/2011 polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións.

Tema 45.- Instalacións térmicas nos edificios. RD 1027/2007 polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios.

Tema 46.- Medidas preventivas de protección ambiental na construción. O RD 105/2008 polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición. A Lei 10/2008 de residuos de Galicia e o D 174/2005.

Tema 47.- Medidas preventivas de seguridade e saúde na construción e outras actividades laborais. A Lei 31/1995 e demais normativa aplicable os RD 39, 485, 486, 773, 1215, 1627/1997, 614/2001, 393/2007.

Tema 48.- Lexislación actual sobre vivendas de protección oficial. Actuacións protexidas en materia de rehabilitación. A Lei 8/2012 de vivenda de Galicia. O Informe de Avaliación de Edificios.

Tema 49.- A protección do medio ambiente. Lexislación comunitaria, estatal e autonómica. A Lei 21/2013 de avaliación ambiental. A avaliación ambiental de plans e proxectos. A avaliación da incidencia ambiental.

Tema 50.- Patrimonio cultural: evolución do concepto de patrimonio a través dos documentos e cartas internacionais. Criterios de intervención nos conxuntos histórico artísticos e nos edificios históricos. A Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia.

Tema 51.- A valoración administrativa do solo e das construcións. Valoración do solo. Aplicación de criterios da lexislación estatal sobre réxime do solo a valoracións. Valor equitativo na expropiación forzosa. O prezo xusto. Valoración das construcións: métodos de valoración. A taxación conxunta.

Tema 52- Estradas: lexislación estatal e autonómica.

Tema 53.- Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas a prevención de incendios forestais, a protección de asentamentos no medio rural e a regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.

Tema 54.- Lei 3/2007, de 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Tema 55.- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

BLOQUE 2. URBANISMO. CONCELLO DE CURTIS.

Tema 56.- Xeografía do Concello de Curtis. Situación. Orografía. Xeoloxía e Hidroloxía. Vexetación. Climatoloxía. Parroquias. Poboación. Coñecemento xeral.

Tema 57.- O PXOM de Curtis (BOP 19.09.2007).

Tema 58.- As modificacións puntuais do PXOM de Curtis (BOP do 07.07.2011, 04.10.2012, 25.03.2014, 01.04.2014).

Tema 59.- O Plan Parcial Polígono Industrial Curtis-Teixeiro (SUD-6) (BOP 24.04.1994). Modificación puntual do Plan Parcial Polígono Industrial Curtis-Teixeiro (SUD-6) (BOP 18.10.2001).

Tema 60.- Plan especial de infraestruturas (BOP 13.02.2013)

 

 

ANEXO II

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROCESO DE SELECCIÓN DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A, DO GRUPO E SUBGRUPO A2, DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, COA DENOMINACIÓN “ARQUITECTO TÉCNICO”, E FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA, MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE DO CONCELLO DE CURTIS.

“DON/DONA ...................................................................................................................................................., con DNI............................................, e con enderezo a efectos de notificacións en................................................................................................................, e número de teléfono ......................................, enterado/a da convocatoria do procedemento selectivo de funcionario/a interino/a, do Grupo E Subgrupo A2, da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Coa denominación “Arquitecto técnico”, e formación dunha lista de reserva, mediante o sistema de oposición libre do Concello de Curtis, manifesta:

- Que desexa participar no procedemento de selección arriba indicado, polo que SOLICITA que sexa admitida a presente solicitude e a documentación que se achega coa finalidade de participar en dito procedemento.

- Que non padece padece enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións ou tarefas correspondentes ao posto de traballo ao que se opta.

- Que non foi separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

- Que non está incurso/a nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

- Que posúe todos os requisitos esixidos nas bases con referencia ao último día de prazo de presentación das instancias.

- Que achega fotocopia da seguinte documentación (indíquese cunha X o que proceda)

__ D.N.I.

__ Título esixido na base terceira.

__ CELGA 4 ou equivalente.

__ Xustificante de pago da taxa por dereito de exame.

- O idioma no que desexa facer os exercicios primeiro e segundo é (indíquese cunha X o que proceda):

__ En galego

__ En castelán

 

..................................,............... de .................. de 201....

 

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CURTIS

 

 

SEGUNDO.- Publicar as bases aprobadas no BOP, no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web do concello e na sede electrónica.”

Curtis, 19 de outubro de 2017.

O alcalde-presidente

Asdo.- Javier Fco. Caínzos Vázquez

2017/8947

 

©2009 Deputación da Coruña