Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10020

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN de erros. Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo.

Advertido un erro no decreto indicado, publicado no Diario Oficial de Galicia número 54, do 18 de marzo de 2013, é preciso publicar a seguinte corrección:

Na páxina 8078, anexo I, onde di: «A estrutura de Xestión Integrada de Vigo xestionará todos os servizos sanitarios dos seguintes concellos: Arbo, Baiona, A Cañiza, Cangas, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Ponteareas, Ponte Caldelas, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo», debe dicir: «A estrutura de Xestión Integrada de Vigo xestionará todos os servizos sanitarios dos seguintes concellos: Arbo, Baiona, A Cañiza, Cangas, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo».