Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4465

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 7 de febreiro de 2013 pola que se convoca concurso público dos terreos francos resultantes da declaración de caducidade de dereitos mineiros correspondentes á provincia de Pontevedra.

A Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (en diante Lominga), constitúe a lexislación propia da Comunidade Autónoma en materia de minas e desenvolve o réxime xurídico das actividades mineiras en Galicia en condicións de sustentabilidade e seguranza, promovendo un aproveitamento racional dos recursos compatible coa protección do ambiente. No seu título IV regula o procedemento de outorgamento e contido dos dereitos mineiros e establece no artigo 35 que os terreos francos resultantes do levantamento dunha zona de reserva ou a declaración de caducidade dun permiso de exploración, un permiso de investigación ou unha concesión mineira poderán ser declarados rexistrables unha vez celebrado o necesario concurso público previsto na lexislación específica mineira.

A devandita lexislación específica mineira está constituída pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e as súas modificacións posteriores, desenvolvida polo Regulamento xeral para o réxime da minaría aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto. O artigo 39 da Lei de minas sinala que o levantamento da reserva ou a caducidade do permiso de exploración, do permiso de investigación ou da concesión de explotación non outorgará ao terreo o carácter rexistrable ata que teña lugar un concurso público polo que se resolverá, conforme os artigos 53 e 64, o outorgamento de permisos de investigación e concesións directas de explotación sobre os devanditos terreos.

Desde o último concurso realizado na provincia de Pontevedra transcorreron máis de dez anos, o que produciu que a día de hoxe exista grande extensión de terreo franco non rexistrable nesta provincia. Por isto, faise necesario convocar un concurso público dos dereitos mineiros caducados desta provincia en prol de fomentar e dinamizar a minaría no noso territorio.

Polo exposto, en uso das facultades que me confiren o artigo 16 da Lominga e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia

Dispoño:

Primeiro. Obxecto

En aplicación dos artigos 35 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, 39.2, 53 e 64 da Lei 22/1973, do 21 do xullo, de minas, e 72 e 85 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, mediante a presente orde decláranse como francos e acórdase convocar concurso público dos terreos resultantes da caducidade dos dereitos mineiros que se recollen no anexo I da presente orde, cuxas cuadrículas mineiras están comprendidas na provincia de Pontevedra, incluídas aquelas superficies que, pertencendo a máis dunha provincia, teñan maior superficie na de Pontevedra, con expresión do tipo de dereito, número, nome, recurso, superficie e termos municipais afectados.

Segundo. Designación do terreo, lugar e superficie do depósito ou recurso mineiro obxecto do concurso

A superficie solicitada no concurso poderá ser a totalidade da designada no dereito caducado ou unha parte del.

A designación do terreo que se pretende será por cuadrículas mineiras referidas ao meridiano de Greenwich.

Cada solicitude formularase sobre a superficie do mesmo dereito obxecto do concurso, coa excepción dos dereitos definidos en pertenzas mineiras e das solicitudes de reclasificación de recursos tanto da sección A) como da sección C), nos cales se poderán formular solicitudes sobre varios dereitos obxecto do concurso e sobre terreos francos e rexistrables que os rodeen, se é necesario para formar cuadrículas mineiras.

O depósito ou recurso mineiro que se pretenda será da mesma sección que a que correspondía ao dereito caducado. No caso de recursos da sección D), a solicitude será para o mesmo recurso do dereito caducado.

Terceiro. Viabilidade e solvencia técnica

Os requisitos de viabilidade e solvencia técnica serán os sinalados no artigo 17 da Lominga e acreditaranse polos medios alí previstos.

Cuarto. Metodoloxía e técnica mineira

O proceso metodolóxico a seguir na investigación do depósito ou recurso mineiro estará fundamentado nunha estratexia de programación de actuacións con obxectivos progresivos en tres fases.

A primeira fase comprenderá os traballos de investigación e os estudos de campo necesarios para obter datos suficientes e adecuados para interpretar a estrutura xeolóxica da superficie solicitada e para caracterizar o recurso en cuestión desde o punto de vista fisicoquímico, xeoestrutural e xeomecánico.

A segunda fase incluirá métodos de investigación e ensaios de caracterización propios á utilidade de cada material, orientados a delimitar as zonas concretas de maior interese e probable explotación futura. A investigación comprenderá unha campaña de sondaxes con recuperación de testemuña, cunha profundidade adecuada para dar constancia da existencia dos materiais buscados e da súa potencia. A campaña deberá de ter, como mínimo, unha sondaxe por cada zona concreta de interese.

A terceira fase comprenderá métodos de investigación apropiados para delimitar e cuantificar o depósito, cun mínimo dunha malla de sondaxes.

Nas concesións directas, no proxecto de explotación deberanse indicar os datos e probas que permitan definir a explotación dos recursos como consecuencia de melloras tecnolóxicas ou de novas perspectivas de mercado, así como todos os parámetros necesarios (intensidade do traballo previsto, volume de materia extraíble, custos de extracción, volume aproveitable, valor do material no mercado, rendibilidade etc.) que xustifiquen a viabilidade do aproveitamento nas cuadrículas solicitadas.

Quinto. Investimento mínimo necesario

O investimento mínimo necesario por cuadrícula exixible para o outorgamento dun dereito mineiro no concurso será de doce mil euros (12.000 euros) de unha a dez cuadrículas e de seis mil (6.000 euros) das dez cuadrículas en diante.

Sexto. Prazo de execución dos traballos

O prazo de execución dos traballos será como máximo dun ano para cada fase de investigación. Para as explotacións será o que se acredite no proxecto en función das reservas demostradas e do ritmo de produción previsto que faga viable o aproveitamento.

Sétimo. Solicitudes e documentación necesaria

O escrito de solicitude dirixirase ao conselleiro de Economía e Industria e será conforme o modelo normalizado que se achega no anexo II desta orde. As solicitudes deberanse axustar aos requisitos establecidos no artigo 35 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, nos artigos 53 e 64 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e nos artigos 72 e 85.1 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando as proposicións non se presenten directamente no Rexistro Xeral da Xunta, deberase comunicar a solicitude mediante fax (número 981 54 55 15), á Consellería de Economía e Industria, dentro do prazo fixado no anuncio publicado da convocatoria. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación desta orde, sexa no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado.

No primeiro sobre incluirase a documentación acreditativa da capacidade xurídica e de obrar do solicitante e da representación, e o comprobante da fianza provisoria, que consistirá no 10 % da taxa correspondente ás solicitudes de dereitos mineiros establecida na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo modificacións introducidas pola Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2012, que se indica no anexo III desta orde.

Para acreditar a capacidade xurídica e de obrar presentarase a seguinte documentación:

– No caso de persoas xurídicas, copia compulsada da escritura ou documento de constitución, de modificación, dos estatutos ou do acto fundacional, nos cales consten as normas polas cales se regula a súa actividade, debidamente inscritos, se é o caso, no rexistro público correspondente segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

– No caso de persoas físicas, e só no caso de non autorizar a súa consulta, copia compulsada do documento nacional de identidade (DNI) ou documento que regulamentariamente o substitúa, e xuntarase copia compulsada do número de identificación fiscal (NIF) no caso de que non figure no DNI.

Para acreditar a representación presentaranse os seguintes documentos:

– Os que comparezan e asinen a solicitude no nome doutro deberán presentar copia compulsada no DNI do apoderado, ou documento que regulamentariamente o substitúa, só no caso de non autorizar a súa consulta.

– Se o solicitante for unha persoa física, achegarase copia auténtica ou compulsada da escritura do poder notarial.

– Se o solicitante for unha persoa xurídica, achegarase copia compulsada da escritura de constitución da persoa xurídica e modificación, se é o caso, inscrita no rexistro público correspondente con aqueles particulares dos estatutos ou acordos sociais dos cales se deduza a dita representación. Se esta non resultar unicamente deles, presentarase, ademais, escritura de poder notarial para xustificala, inscrita no rexistro público correspondente.

A achega do documento de identidade será exixible salvo que o solicitante preste o consentimento para que o órgano xestor acceda ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Administracións Públicas, de conformidade co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.

O segundo sobre conterá a designación do terreo que se pretende e os documentos requiridos para as solicitudes de dereitos mineiros segundo o artigo 17 da Lominga, nos cales se acreditarán os requisitos da convocatoria sinalados nos artigos segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto, e unha declaración responsable dos documentos presentados.

Os datos relativos á situación xeográfica da superficie sometida a concurso estarán á disposición dos interesados na Sección de Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra, rúa Fernández Ladreda nº 43, 5º, en horas de oficina.

Oitavo. Apertura pública e admisión de solicitudes

A apertura e admisión de solicitudes será realizada por unha mesa que se constituirá en acto público aos dez días hábiles seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes. A constitución da mesa terá lugar ás 10.00 horas dese día na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Poderán asistir á apertura as persoas que presenten solicitudes.

A mesa estará formada polos seguintes membros:

– O director xeral de Industria, Enerxía e Minas ou persoa en quen delegue, que actuará, como presidente.

– O xefe do Servizo de Xestión Mineira ou un enxeñeiro de minas designado polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas, que deberá de actuar como secretario da mesa.

– Un letrado da Xunta de Galicia.

– O interventor delegado da Consellería de Economía e Industria.

– Un representante da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria.

Constituída a mesa, darase lectura ao anuncio do concurso, e procederase á contaxe de solicitudes presentadas, e a dar coñecemento público do número de proposicións recibidas e do nome dos concursantes.

A seguir procederase á apertura dos sobres na orde habitual, para os efectos da comprobación formal da documentación exixida no artigo anterior.

Tras a revisión da documentación polos servizos técnicos da Consellería de Economía e Industria, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta orde de convocatoria, requirirase o interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aquelas que non reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán inadmitidas, con indicación da causa de inadmisión.

Noveno. Resolución do concurso

O órgano mineiro competente para resolver é o conselleiro de Economía e Industria conforme o artigo 16 da Lominga.

O concurso adxudicarase a favor das propostas máis vantaxosas no seu conxunto a xuízo do órgano mineiro competente, entendendo por tales as que ofrezan as mellores condicións científicas e técnicas e as maiores vantaxes económicas e sociais, en atención aos seguintes criterios:

– A calidade técnica do proxecto e as garantías que se ofrezan da súa viabilidade.

– A proposta de rehabilitación dos terreos, as garantías de protección do medio e de minimización de afectacións causadas pola labra e as medidas de compensación que se prevén aplicar para a conservación do medio.

– O recurso mineiro en relación á superficie solicitada.

– O impacto do proxecto no desenvolvemento e mellora das condicións económicas e sociais da zona de implantación.

O concurso resolverase no prazo máximo de tres meses contados desde o día seguinte á última publicación da convocatoria. Transcorrido o prazo sen se ditar resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

A resolución poñerá fin á vía administrativa, notificarase a todos os concursantes e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución poderán interpoñerse os seguintes recursos:

– Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

– Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Resolto o concurso e transcorridos os prazos para a interposición dos respectivos recursos sen que estes se interpuxesen, a documentación achegada coas propostas non seleccionadas quedará á disposición dos interesados.

As fianzas constituídas polos solicitantes das propostas non seleccionadas no concurso devolveranse nun prazo de 30 días naturais, contando desde a notificación da resolución denegatoria.

Décimo. Declaración de terreo franco e rexistrable

Se despois de realizado o concurso quedasen terreos sen adxudicar, poderán ser declarados francos e rexistrables pola Administración mineira, debéndose publicar esa declaración no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa última publicación, sexa no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda

Os gastos de inserción desta orde nas publicacións oficiais serán pola conta dos adxudicatarios.

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte da última publicación, sexa no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2013

P.D. (Orde 30.4.2009, DOG nº 87, do 6 de maio)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO I

Dereito mineiro

Recurso

Nome

Termos municipais

Superficie

500

Concesión de explotación

Caolín

Ignacia

A Guarda

6 pm

790

Concesión de explotación

Caolín

Felicidad

O Rosal, Tomiño

6 pm

883

Concesión de explotación

Caolín

Felicitas

A Guarda

20 pm

972

Concesión de explotación

Wolframio e estaño

San Gonzalo

Vila de Cruces

69 pm

1961

Concesión de explotación

Casiterita

San Antonio

O Rosal

120 pm

1970

Concesión de explotación

Casiterita

San Antonio Amp. 1ª

O Rosal

64 pm

1973

Concesión de explotación

Caolín

Carmiña

A Guarda, O Rosal

19 pm

2019

Concesión de explotación

Casiterita

San Antonio Amp. 2ª

O Rosal

124 pm

2456

Permiso de investigación

Granito ornamental

Cabernouro

Ponteareas

1 cm

2461

Permiso de investigación

Granito ornamental

Picaraña

Ponteareas

8 cm

2473

Permiso de investigación

Granito ornamental

Coto da Cruz

Salceda de Caselas, Ponteareas

11 cm

2517

Permiso de investigación

Arxila, caolín, cuarzo

Vilalonga

Sanxenxo, Meaño

6 cm

2569

Permiso de investigación

Granito ornamental

Bouza

Ponte Caldelas, Pontevedra

26 cm

2578

Permiso de investigación

Granito ornamental

Painceiros

Cercedo, A Estrada

23 cm

2586

Permiso de investigación

Granito ornamental

Deza

Lalín

4 cm

2595

Permiso de investigación

Granito ornamental

Aldir

Covelo

6 cm

2631

Permiso de investigación

Granito ornamental

San Martiño

Gondomar, Tui

6 cm

2633

Permiso de investigación

Granito ornamental

Castro

Campo, Lameiro, Cuntis, A Estrada

13 cm

2638

Permiso de investigación

Granito ornamental

Paraíso

Caldas de Reis, Portas

12 cm

2640

Permiso de investigación

Granito ornamental

Remesar

A Estrada

6 cm

2648.2

Permiso de investigación

Granito ornamental

Arnego

Lalín, Rodeiro, Agolada

17 cm

2651

Permiso de investigación

Granito ornamental

Rañadoiro

Pontevedra, Soutomaior

4 cm

2655

Permiso de investigación

Granito ornamental

López

Agolada, Lalín, Rodeiro

1 cm

2658

Permiso de investigación

Granito ornamental

Marilina

Agolada, Lalín

15 cm

2659

Permiso de investigación

Arxila, caolín

Nova ampliación a Cerámica de Campaña

Valga

10 cm

2660

Permiso de investigación

Granito ornamental

Nuevo Confurco II

Ponteareas

6 cm

2661

Permiso de investigación

Granito ornamental

Verducido

Barro, Pontevedra

3 cm

2663

Permiso de investigación

Granito ornamental

Espiño

Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis

2 cm

2668

Permiso de investigación

Granito ornamental

Cillarga

Mos, Ponteareas

2 cm

2676

Permiso de investigación

Granito ornamental

Saiar

Caldas de Reis

1 cm

2682

Permiso de investigación

Granito ornamental

Arnoso

Ponteareas

12 cm

2688

Permiso de investigación

Granito ornamental

Vilas

Gondomar, O Porriño

1 cm

2691

Permiso de investigación

Granito ornamental

Leguiñas

A Estrada

2 cm

2693

Permiso de investigación

Granito ornamental

Patricia

Silleda, Forcarei

30 cm

2697

Permiso de investigación

Granito ornamental

Castelo

Ponteareas

6 cm

2701

Permiso de investigación

Granito ornamental

Vilar

Pontevedra

4 cm

2704

Permiso de investigación

Granito ornamental

Espiño

Agolada

9 cm

2711

Permiso de investigación

Granito ornamental

Santa Marta

Mos, O Porriño

8 cm

2713

Permiso de investigación

Granito ornamental

Coto de Vilax

Pontevedra

6 cm

2714

Permiso de investigación

Granito ornamental

Coto da Rexa

Pontevedra

1 cm

2719

Permiso de investigación

Recurso sección C)

Chan das Pozas

Ponteareas, Mos

5 cm

2722

Permiso de investigación

Granito ornamental

Val

Agolada, Rodeiro

36 cm

2730

Permiso de investigación

Granito ornamental

Casiñas

Portas

4 cm

2732

Permiso de investigación

Granito ornamental

Laxe da Cruz

Ponteareas

3 cm

2734

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pedra

Salvaterra de Miño, Ponteareas

4 cm

2735

Permiso de investigación

Granito ornamental

Coto

Cotobade, Ponte Caldelas

15 cm

2736

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pedra que Fala

Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas

5 cm

2737

Permiso de investigación

Granito ornamental

Madalena

Tomiño, Oia

2 cm

2741

Permiso de investigación

Granito ornamental

Aranda

Fornelos de Montes

2 cm

2743

Permiso de investigación

Recurso sección C)

Helena

A Cañiza, Mondariz, Covelo, As Neves

63 cm

2745

Permiso de investigación

Granito ornamental

Viñavella

Ponteareas

3 cm

2746

Permiso de investigación

Granito ornamental

Despedrada

Cangas

3 cm

2747

Permiso de investigación

Granito ornamental

Luna

O Porriño

1 cm

2748

Permiso de investigación

Granito ornamental

Rita

O Porriño

1 cm

2753

Permiso de investigación

Granito ornamental

María Derreti

Meis, Barro, Pontevedra

24 cm

2758

Permiso de investigación

Granito ornamental

Perico

Pontevedra, Poio

2 cm

2762,2

Permiso de investigación

Granito ornamental

Urceira 2ª Fracc.

O Porriño, Ponteareas, Salceda de Caselas

3 cm

2763

Permiso de investigación

Granito ornamental

Vilachán

Tomiño, Oia

3 cm

2764

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pedrada

Tomiño, Oia

6 cm

2765

Permiso de investigación

Granito ornamental

Magdalena

Tui

2 cm

2767

Permiso de investigación

Ouro, outros sección C)

Vilachán

Tomiño, Oia, Baiona, Gondomar

68 cm

2768

Permiso de investigación

Granito ornamental

Granitos Bazar

Pontevedra, Barro, Moraña

15 cm

2773

Permiso de investigación

Granito ornamental

Alberto I

Lalín, Vila de Cruces

31 cm

2777

Permiso de investigación

Granito ornamental

Roupeiro

O Porriño

4 cm

2783

Permiso de investigación

Granito ornamental

Carbelo

Crecente, A Cañiza, Melón

14 cm

2788

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pedreira

Meis, Poio

9 cm

2789

Permiso de investigación

Granito ornamental

Alto

Ponteareas, Salvaterra de Miño

4 cm

2793

Permiso de investigación

Granito ornamental

Trabadela

A Estrada

10 cm

2794

Permiso de investigación

Granito ornamental

Coto Agudo

Ponte Caldelas, Soutomaior, Pontevedra

5 cm

2795

Permiso de investigación

Granito ornamental

Bañadoiros

Pontevedra, Vilaboa

9 cm

2796

Permiso de investigación

Granito ornamental

Silvoso

Ponte Caldelas, Soutomaior

12 cm

2799

Permiso de investigación

Granito ornamental

Xil

Meaño

2 cm

2805

Permiso de investigación

Granito ornamental

Serra

Meis

4 cm

2806

Permiso de investigación

Granito ornamental

Fonte do Sapo

Meis, Poio

10 cm

2808

Permiso de investigación

Granito ornamental

Adelix

Meaño

4 cm

2809

Permiso de investigación

Granito ornamental

Rial

Salceda de Caselas

2 cm

2810.1

Permiso de investigación

Granito ornamental

Rial I Fracción 1ª

Mos, Ponteareas

4 cm

2810.2

Permiso de investigación

Granito ornamental

Rial I Fracción 2ª

Mos, Ponteareas, Pazos de Borbén

58 cm

2811.1

Permiso de investigación

Granito ornamental

Das Lamas Fracción 1ª

Lalín, Agolada

2 cm

2811.2

Permiso de investigación

Granito ornamental

Das Lamas Fracción 2ª

Lalín, Agolada

2 cm

2812

Permiso de investigación

Granito ornamental

Curota

Ponte Caldelas

4 cm

2820

Permiso de investigación

Granito ornamental

Xesta

A Lama

2 cm

2823

Permiso de investigación

Granito ornamental

Foxo

Ponteareas, Salvaterra de Miño

3 cm

2829

Permiso de investigación

Granito ornamental

Mateo

Cotobade

12 cm

2832

Permiso de investigación

Granito ornamental

Quino

Mos

3 cm

2835

Permiso de investigación

Granito ornamental

Cerdeira

As Neves

6 cm

2836

Permiso de investigación

Granito ornamental

Lagoa

Rodeiro, Lalín

3 cm

2838

Permiso de investigación

Granito ornamental

Rubias

Rodeiro

4 cm

2843

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pedroso

Rodeiro

9 cm

2845

Permiso de investigación

Granito ornamental

Malvas

Tui, Gondomar

2 cm

2848

Permiso de investigación

Granito ornamental

Cruz do Brasil

Ponte Caldelas

1 cm

2850

Permiso de investigación

Granito ornamental

Penela

Ponteareas, Salvaterra de Miño

3 cm

2854

Permiso de investigación

Granito e recurso sección C)

Rosende

Silleda, Lalín

2 cm

2857

Permiso de investigación

Serpentinas e anfibolitas

Ponte

Agolada

5 cm

2864

Permiso de investigación

Granito ornamental

A Devesa

Rodeiro

11 cm

2869

Permiso de investigación

Granito ornamental

Corroliño

Rodeiro

12 cm

2874

Permiso de investigación

Granito ornamental

Guláns

Ponteareas

1 cm

2875

Permiso de investigación

Granito ornamental

Faro

Pontevedra, Ponte Caldelas

1 cm

2876

Permiso de investigación

Silicoaluminios

O Rosal

Oia, O Rosal, Tomiño

28 cm

2878

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pomar

Salceda de Caselas, Ponteareas, Salvaterra de Miño

4 cm

2879

Permiso de investigación

Granito ornamental

Barreiro

Salceda de Caselas

2 cm

2880

Permiso de investigación

Granito ornamental

Castelo

Salceda de Caselas

1 cm

2881

Permiso de investigación

Granito ornamental

Parderrubias

Salceda de Caselas

1 cm

2882

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pedra Buxiña

Salceda de Caselas

1 cm

2883

Permiso de investigación

Granito ornamental

Orion

Vigo

1 cm

2885

Permiso de investigación

Granito ornamental

Lousado

Gondomar

1 cm

2888

Permiso de investigación

Granito ornamental

Valverde

Gondomar

4 cm

2889

Permiso de investigación

Granito ornamental

Caldeirón

Gondomar

3 cm

2890

Permiso de investigación

Granito ornamental

Canavial

Nigrán, Gondomar

2 cm

2892

Permiso de investigación

Granito ornamental

Chandecam

Nigrán, Gondomar

6 cm

2893

Permiso de investigación

Granito ornamental

Castro II

Cuntis, A Estrada, Campo Lameiro

27 cm

2894

Permiso de investigación

Granito ornamental e arxilas caoliníferas

Cabalar

Cuntis, A Estrada

29 cm

2901

Permiso de investigación

Granito ornamental

Zudres

Cotobade

2 cm

2903

Permiso de investigación

Granito ornamental

García

Rodeiro

16 cm

2904

Permiso de investigación

Granito ornamental

Porrisal I

Ponte Caldelas

13 cm

2908

Permiso de investigación

Granito ornamental

Valverde

Gondomar, Nigrán

22 cm

2909

Permiso de investigación

Granito ornamental

Melo

Ponteareas

2 cm

2910

Permiso de investigación

Granito ornamental

Ventín

Fornelos de Montes

2 cm

2911

Permiso de investigación

Granito ornamental

Paramo

Ponteareas, Salvaterra de Miño

2 cm

2912

Permiso de investigación

Granito ornamental

Ladeira

O Porriño

2 cm

2919

Permiso de investigación

Granito ornamental

Teresa IV

Rodeiro, Antas de Ulla, Agolada

13 cm

2920

Permiso de investigación

Granito ornamental

Revol

Pontevedra

2 cm

2921

Permiso de investigación

Granito ornamental

Carrascal

A Lama

18 cm

2923

Permiso de investigación

Granito ornamental

Melongar

Rodeiro

12 cm

2924

Permiso de investigación

Granito ornamental

Bouzada

Mondariz

8 cm

2925

Permiso de investigación

Granito ornamental

López

Rodeiro

9 cm

2928

Permiso de investigación

Granito ornamental

Mouro

Ponteareas

10 cm

2937

Permiso de investigación

Granito ornamental

San Luís

A Estrada

9 cm

2938

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pedra Pais 01

Fornelos de Montes

4 cm

2939

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pedra Pais 02

Pazos de Borbén, Fornelos de Montes

3 cm

2941

Permiso de investigación

Granito ornamental

Gateira

Mondariz

2 cm

2942

Permiso de investigación

Granito ornamental

As Covas I

O Porriño

3 cm

2946

Permiso de investigación

Terras raras, zircón, itrio

O Porriño

Gondomar, Mos, O Porriño, Vigo

32 cm

2949

Permiso de investigación

Granito ornamental

Cruz

Salceda de Caselas

1 cm

2953

Permiso de investigación

Granito ornamental

Carreira

Ponteareas

2 cm

2952

Permiso de investigación

Granito ornamental

Santa Marta

As Neves

7 cm

2954

Permiso de investigación

Granito ornamental

Chan de Prado

Gondomar

9 cm

2958

Permiso de investigación

Granito ornamental

Chan de Picaraña

Ponteareas

3 cm

2959.2

Permiso de investigación

Granito ornamental

Campo 2ª Fracción

Covelo

6 cm

2962.2

Permiso de investigación

Estaño, wolframio, tántalo, niobio e litio

Alberta I 2ª Fracción

Forcarei (PO), Beariz (OU)

19 cm

2962.3

Permiso de investigación

Estaño, wolframio, tántalo, niobio e litio

Alberta I 3ª Fracción

Forcarei, A Lama, Cercedo (PO), Beariz (OU)

17 cm

2963

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pielas

Fornelos de Montes

4 cm

2971

Permiso de investigación

Granito ornamental

Gramela

Campo Lameiro, Moraña, Cuntis

142 cm

2974

Permiso de investigación

Granito ornamental

Coto Agudo

Ponte Caldelas, Soutomaior

5 cm

2985

Permiso de investigación

Ouro, prata e metais afíns

Tracia

Cuntis, Caldas de Reis, Valga,

A Estrada

117 cm

2986

Permiso de investigación

Granito ornamental

A Costa

Dozón

4 cm

2987

Permiso de investigación

Granito ornamental

Campo de Vide

Ponteareas

2 cm

2990

Permiso de investigación

Granito ornamental

San Ramón

Lalín

1 cm

2991

Permiso de investigación

Granito ornamental

Rebón

Moraña, Barro

10 cm

2998

Permiso de investigación

Granito ornamental

Os Picos

Mondariz, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén

14 cm

3001

Permiso de investigación

Granito ornamental

Golada

Agolada (PO), Antas de Ulla (LU)

10 cm

3007.2

Permiso de investigación

Granito ornamental

Cloe

Fornelos de Montes

9 cm

3010

Permiso de investigación

Granito ornamental

Corvos

Fornelos de Montes, Mondariz

3 cm

3014

Permiso de investigación

Granito ornamental

Os Pedrouzos

Vilaboa, Moaña

14 cm

3016

Permiso de investigación

Granito ornamental

Gándara

Ponteareas, Salceda de Caselas

2 cm

3017

Permiso de investigación

Granito ornamental

As Regas

Ponteareas, Mondariz

2 cm

3024

Permiso de investigación

Granito ornamental

Porto

Ponte Caldelas, Cotobade

6 cm

3025

Permiso de investigación

Granito ornamental

Lamas

A Lama, Fornelos de Montes

19 cm

3026

Permiso de investigación

Granito ornamental

Anxeo

A Lama

19 cm

3027

Permiso de investigación

Granito ornamental

Longo

Fornelos de Montes, Covelo

14 cm

3029

Permiso de investigación

Granito ornamental

Airoa

Fornelos de Montes

16 cm

3040

Permiso de investigación

Granito ornamental

Piedra Morena

Fornelos de Montes

4 cm

3058

Permiso de investigación

Granito ornamental

Pé da Múa

Cotobade, Ponte Caldelas

14 cm

3060

Permiso de investigación

Granito ornamental

Estacas

Fornelos de Montes

9 cm

3063

Permiso de investigación

Granito ornamental

Porto II

Cotobade, Ponte Caldelas

17 cm

3064

Permiso de investigación

Sección C)

Portela

Forcarei

4 cm

3071

Permiso de investigación

Granito ornamental

Miñán

Marín

9 cm

3074

Permiso de investigación

Granito ornamental

Peiral

Ponte Caldelas, Cotobade

25 cm

3075

Permiso de investigación

Granito ornamental

Aranda

Fornelos de Montes, Covelo

24 cm

3077

Permiso de investigación

Granito ornamental

Casal

Pazos de Borbén, Ponteareas

14 cm

3079

Permiso de investigación

Granito ornamental

Covas

Cotobade

13 cm

3080

Permiso de investigación

Granito ornamental

Lousa

Cotobade

13 cm

3082

Permiso de investigación

Granito ornamental

Valiño

Arbo

16 cm

3093

Permiso de investigación

Granito ornamental

As Corvas

Cotobade, Cercedo

13 cm

3096

Permiso de investigación

Granito ornamental

Xavier

Forcarei

11 cm

3097

Permiso de investigación

Arxilas

Montefaro

Sanxenxo

5 cm

3102

Permiso de investigación

Granito ornamental

Monte Aberto

Ponteareas

4 cm

3106

Permiso de investigación

Granito ornamental

Gándara

Ponteareas, Salceda de Caselas

2 cm

missing image file

Anexo III

Tipo de dereito mineiro

Importe

Concesión directa de explotación

2.576,04 € pola primeira cuadrícula e 110,39 € por cada unha das restantes.

Permiso de investigación

1.429,14 € pola primeira cuadrícula e 71,45 € por cada unha das restantes.

Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012