Encontros sobre innovación na educación. Formación do profesorado a través do programa Erasmus+, con Adrián Paramés e Jorge Mediero
12  de junio  I   De 18:30 h  a 20:00h  I   Avenida Camelias 70 Vigo   I    Impact Hub Vigo   I   Evento Gratuito


|Descripción

O vindeiro mércores 12 de xuño contaremos coa presenza de Adrián Paramés e Jorge Mediero que nos falarán sobre o programa Erasmus+ de formación e mobilidade para centros de ensino de todos o niveis. Será ás 18h30 no Impact Hub Vigo (rúa Camelias 70) con entrada de balde.

Cando falamos do programa Erasmus, sempre pensamos na mobilidade de estudantes universitarios. Menos coñecida é a iniciativa Erasmus+, que está aberta tamén a profesores e alumnado de primaria e secundaria. As modalidades son variadas: para os profesores existen formacións presenciais en formato curso ou estancias en centros de toda a Unión Europea onde profesionais destacados amosan as súas prácticas sobre o terreo. Para os estudantes pódense levar a cabo proxectos internacionais de colaboración nos que clases de diferentes países traballan en actividades conxuntas ou incluso de intercambio. O obxectivo deste encontro será darlle difusión a este programa para que profesores e escolas saiban como solicitalo, en que consiste e as vantaxes que ofrece.

A maiores Adrián e Jorge falarán da súa experiencia como participantes en diversas actividades de formación que levaron a cabo dentro do programa. Contarannos algunhas das dinámicas e metodoloxías que aprenderon. No seu caso tiveron a oportunidade de asistir a cursos sobre CLIL (Content and Language Integrated Learning) e gamificación.


| Sobre os Encontros

Os Encontros sobre Innovación na Educación son reunións mensuais que se levan a acabo o segundo mércores de cada mes onde se dan cita todo tipo de persoas que están interesadas ou traballan no ámbito educativo. Compártense coñecementos, metodoloxías, experiencias ou proxectos co obxectivo de crear unha comunidade educativa colaborativa e de axuda nun campo tan complexo e importante.

| ASISTENCIA GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome *
Apelidos *
¿Cál é o teu principal motivo para asistir a este evento?
¿Estás interesad@ en recibir máis información sobre eventos que levemos a cabo en Impact Hub Vigo a través da nosa Newsletter? *
¿A través de que canal coñeciches este evento? *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of Impact Hub. Report Abuse