Reserva de entradas «Vortex. The seasons» | WINTER
ENTRADAS AGOTADAS


>>> Este formulario abrirá o luns 10 de decembro ás 10:00 <<<


IMPORTANTE. LER CON ATENCIÓN:
«Vortex. The seasons» é un ciclo de espectáculos de música electrónica no Planetario da Casa das Ciencias, para persoas maiores de 10 anos. A experiencia busca levar á audiencia a través dunha viaxe visual e sonora polo espazo, máis aló do noso planeta.

O ciclo contará con catro sesións (Spring, Summer, Autumn e Winter) presentando unha variedade de artistas e creadores musicais e visuais que compoñen pezas para esta idea singular.

>>ESTE FORMULARIO É SÓ PARA A SESIÓN WINTER<<

PÚBLICO
A partir de 10 anos

DATA E HORA
Venres 21 de decembro ás 21:00

LUGAR
Planetario da Casa das Ciencias

ENTRADAS
Máximo de dúas por solicitude

CUSTO
4€

ESPAZO
O espazo está limitado a 70 prazas. Contactaremos, a través do correo electrónico que se proporcione no formulario, coas persoas que obteñan entradas, que deberán retiralas e abonalas antes do 16 de decembro ás 18:30 na recepción da Casa das Ciencias. Se non se retiran as entradas en prazo, asignaranse ás persoas en lista de espera.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy