Dille á fiscalía que inicie investigacións pola falsificación de sinaturas na Comisaría de Pontevedra
-Esta é unha iniciativa promovida por DC ( Dereitos Civís - http://goo.gl/oDfq5I )

O Defensor do Pobo emitiu unha resolución na que lle recomenda ao Ministerio do Interior a apertura dun expediente sancionador a policías españois de Pontevedra e a determinar mediante probas caligráficas a súa responsabilidade na falsificación de sinaturas nunha denuncia contra un sindicalista da CIG.

Na súa resolución incide en que o propio informe remitido pola Comisaría pontevedresa sinala que o denunciado -Xabier Aboi, da FGAMT-CIG- “ao observar que as sinaturas dos axentes denunciantes que constan na denuncia e na ratificación semellaban non ser iguais, acudiu á vía xudicial alegando unha presunta falsificación das mesmas e conseguindo que a sanción fose revogada”.

A pesar da recomendación a Dirección Xeral da Policía decidiu non iniciar ningunha investigación. Por outro lado a Delegación do Goberno en Galiza tamén decidiu non iniciar ningunha investigación sobre os feitos denunciados.

Por todo o dito consideramos importante que o Defensor do Pobo remita a información recopilada durante a súa investigación á Fiscalía e que esta actúe segundo dereito.

Suxerencia do Defensor del Pueblo: https://www.defensordelpueblo.es/resoluciones/procedimiento-sancionador-a-funcionarios-policiales/ 

Sign in to Google to save your progress. Learn more
A túa sinatura enviarase á FISCALÍA DE PONTEVEDRA E AO DEFENSOR DEL PUEBLO
Sempre e cando as sinaturas recollidas superen as 100
Nome *
Apelidos *
Documento de identidade
Concello *
Provincia *
Queres recibir información de DC? *
No caso de que xa recibas información de DC e desexes deixar de recibila envía BAIXA a activate@dereitoscivis.net
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of Dereitos Civís. Report Abuse