Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5540

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Data: os días 11, 12, 13, 14 e 15 de marzo de 2013.

4. Lugar de realización: Fundación Coren, estrada nacional 120, vía provincial O-0410, N41, Razamonde. Concello de Cenlle (Ourense).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa.

Día 11.3.2013

9.00-10.00 h

Introdución. Lexislación.

10.00-12.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

12.00-13.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Día 12.3.2013

9.00-10.15 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

10.15-13.00 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 13.3.2013

9.00-11.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

11.00-13.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 14.3.2013

9.00-10.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

10.00-11.30 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

11.30-13.00 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

Día 15.3.2013

9.00-10.00 h

Preparación de disolucións de produtos.

10.00-11.00 h

Exercicios prácticos.

11.00-12.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

12.00-13.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

13.00-14.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderán solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

P.S. (Acordo do 11.1.2013)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas
Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: os días 11, 12, 13, 14 e 15 de marzo de 2013.

Lugar de realización do curso: Fundación Coren, estrada nacional 120, vía provincial O-0410, N41, Razamonde. Concello de Cenlle (Ourense).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 9.00 ás 13.00 horas, agás o día 15 de marzo, que será das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 4 de marzo de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45. Correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: