Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9865

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de marzo de 2013 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional 12, punto 1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.

O título III do citado Real decreto 276/2007 regula o sistema de ingreso. O capítulo III do título IV regula o acceso ao corpo de inspectores de educación, e o título V, o procedemento de adquisición de novas especialidades.

Aprobada polo Decreto 39/2013, do 21 de febreiro (DOG do 4 de marzo), a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acorda anunciar as seguintes convocatorias e as súas correspondentes bases:

– Convocatoria do procedemento selectivo para acceso ao corpo de inspectores de educación.

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres.

– Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no corpo de mestres.

Título I
Procedementos de ingreso e acceso

Base primeira. Normas xerais

1.1. Prazas convocadas.

Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 222 prazas, das cales 22 corresponden ao corpo de inspectores de educación e 200 ao corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa desagregación por corpos, especialidades e quendas que a seguir se indican:

Corpo: inspectores de educación.

Reserva de discapacitados

Libre

Total

2

20

22

Corpo: mestres.

Código/especialidade

Reserva discapacitados

Libre

Total

031

Educación infantil

4

46

50

032

Lingua estranxeira: inglés

4

46

50

036

Pedagoxía terapéutica

3

47

50

037

Audición e linguaxe

3

47

50

Total

14

186

200

1.2. Normativa aplicable.

A estes procedementos selectivos seranlles de aplicación a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; a Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea; o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición doutras especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, modificado polo Real decreto 48/2010, do 22 de xaneiro; o Decreto 39/2013, do 21 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modificado polas leis 2/2009, do 23 de xuño, 15/2010, do 28 de decembro, 1/2012, do 29 de febreiro, Lei 26/2011, do 1 de agosto, de adaptación da normativa á Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto nesta convocatoria.

1.3. Lugares de realización das probas para o corpo de mestres.

As probas selectivas que se convocan terán lugar na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, sen prexuízo de que non se realicen probas dalgunha especialidade nalgunha das localidades citadas, en función do número de solicitantes. Na resolución pola cal se nomeen os tribunais sinalarase a localidade ou localidades en que se deberán realizar as probas.

O feito de matricularse nunha provincia determinada e superar o proceso selectivo non atribúe ao persoal aspirante un dereito a ser destinado nela, senón que, unha vez ingresado e chamado a exercer, a Administración educativa poderao destinar, dentro da comunidade autónoma, a calquera provincia, de acordo co procedemento de adxudicación de destinos de carácter provisional e as normas que regulan o concurso de traslados.

1.4. Criterios de distribución do persoal aspirante aos tribunais.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizará a distribución do persoal aspirante de cada especialidade, cando sexa o caso, en proporción ao número de tribunais, respectando, no caso de mestres e sempre que sexa posible, a localidade que o citado persoal consignase na súa solicitude de participación.

Cando non sexa posible a localidade solicitada, serán asignados a outra localidade os aspirantes cuxo primeiro apelido se inicie pola letra X e, de ser necesario, polas letras inmediatamente seguintes.

O persoal aspirante pola quenda de reserva de discapacidade e polo procedemento de adquisición doutra especialidade será asignado ao tribunal número 1 da especialidade, cando sexa o caso, correspondente.

1.5. Asignación de prazas aos tribunais.

Nas especialidades en que se nomee máis dun tribunal, ou no corpo de inspectores de educación, se é o caso, as prazas serán atribuídas a cada tribunal por resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos en proporción ao número de aspirantes das quendas libres que acudiron ao acto de presentación establecido na base 8.6 da presente orde e, se é o caso, aspirantes da quenda de reserva de discapacitados que superaron a fase de oposición e non entraron na lista de aprobados do concurso-oposición por esta quenda. Do mesmo xeito se distribuirán as prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda de reserva de discapacitados. De existir empate no restos dos cocientes, a adxudicación das prazas iniciaraa o tribunal que resulte do sorteo que realizará a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, se for necesario, os seguintes.

Base segunda. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante

Para ser admitido aos procesos selectivos convocados nesta orde, o persoal aspirante deberá reunir os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos xerais.

a) Ser español ou ter a nacionalidade doutro país membro da Unión Europea ou de calquera outro dos estados a que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Tamén poderán participar o cónxuxe, os descendentes e os descendentes do cónxuxe, tanto dos cidadáns españois como dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea ou de estados en que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados polo Estado español, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores cando así o prevexa o correspondente tratado, sexa cal for a súa nacionalidade, sempre que os cónxuxes non estean separados de dereito e, con respecto aos descendentes, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desta idade pero vivan a cargo dos seus proxenitores.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.

c) Estar en posesión das titulacións que se especifican nesta base. No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedido a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro (BOE do 4 de marzo), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro).

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

Os aspirantes a que se refire a alínea a) desta base, cunha nacionalidade que non sexa a española, deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

f) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade a que se refire o título II desta orde, no cal o persoal funcionario de carreira poderá participar.

g) Acreditar o coñecemento do galego.

h) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.

2.2. Requisitos específicos para participar polo procedemento de acceso e ingreso libre.

Para participar polo procedemento de acceso e ingreso libre, o persoal aspirante deberá reunir:

2.2.1. Para o corpo de inspectores de educación.

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dalgún dos seguintes corpos: catedráticos de ensino secundario; catedráticos de escolas oficiais de idiomas; catedráticos de artes plásticas e deseño; catedráticos de música e artes escénicas; profesores de ensino secundario; profesores técnicos de formación profesional; profesores de escolas oficiais de idiomas; profesores de artes plásticas e deseño; mestres de taller de artes plásticas e deseño; profesores de música e artes escénicas e mestres.

b) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou grao correspondente ou título equivalente.

c) Acreditar unha antigüidade mínima de seis anos como funcionaria ou funcionario de carreira nalgún dos corpos que integran a función pública docente, e unha experiencia docente de igual duración.

2.2.2. Para o corpo de mestres.

Estar en posesión ou reunir as condicións para a expedición dalgún dos seguintes títulos:

– Título de mestre ou o título de grado correspondente.

– Título de profesor de educación xeral básica.

– Título de mestre de ensino primario.

2.3. Requisitos específicos para participar pola quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacitado.

2.3.1. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e o Decreto 39/2013, do 21 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes, resérvase o 7 % das prazas a que poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacitado sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de minusvalidez de, polo menos, o 33 % e a compatibilidade entre a diminución e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración xeral do Estado.

2.3.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade cos aspirantes de libre acceso, sen prexuízo das adaptacións previstas no punto 11 da base 5 desta convocatoria.

2.3.3. Se na realización das probas se lle presentasen dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente, conforme o previsto no punto 2.3.1 desta base.

O persoal aspirante que concorra por esta reserva non poderá presentarse á mesma especialidade pola quenda libre. Asemade, só poderá participar nunha única especialidade por este procedemento.

2.4. Prazo en que se deben reunir os requisitos.

Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

2.5. Imposibilidade de concorrer a máis dunha quenda.

Ningún aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria ou outras dentro da mesma oferta de emprego, a prazas dun mesmo corpo e especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou accesos entre corpos de funcionarios docentes.

Base terceira. Solicitudes e pagamento dos dereito

3.1. Solicitudes.

A solicitude deberá efectuarse pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions, debendo imprimirse a instancia que se presentará nalgún dos lugares previstos no punto 3.5 desta convocatoria.

Na instancia consignaranse os códigos do corpo e, no caso de mestres, disciplinas que figuran nas bases desta convocatoria.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización da proba de máis dunha especialidade.

O persoal aspirante que non autorice na instancia a consulta de datos do servizo de verificación de identidade deberá presentar coa solicitude unha fotocopia do documento nacional de identidade.

3.2. Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española.

O persoal aspirante incluído no primeiro parágrafo do punto 2.1.a) que resida en España deberá presentar unha fotocopia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.

O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo do punto 2.1.a) deberá presentar unha fotocopia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración xurada ou promesa da persoa con que existe este vínculo de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

3.3. Obriga de participación.

De conformidade co previsto no punto décimo segundo da Resolución do 10 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, o persoal interino ou substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia estará obrigado a participar no procedemento selectivo para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoque neste ano por calquera das especialidades ofertadas, agás que non se convoquen prazas de ningunha da súa especialidade ou especialidades nesta convocatoria. No suposto de que o dito persoal se presente a procedementos selectivos convocados por outras administracións educativas, deberá achegar á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos certificación de ter realizado a proba, con anterioridade ao 31 de xullo de 2013.

De non participar no procedemento selectivo decaerá nos seus dereitos unicamente na lista da especialidade convocada.

3.4. Instrucións para cubrir a solicitude.

3.4.1. O persoal aspirante deberá especificar cun X o corpo e a quenda pola cal participa, así como o nome e, se é o caso, o código da especialidade.

O persoal aspirante que alegue estar exento de realizar a proba de coñecemento de lingua galega presentará o correspondente documento xustificativo debidamente cotexado, a non ser que xa conste como exento na aplicación informática de xestión do concurso-oposición.

Así mesmo, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española e, de conformidade co disposto no punto 6.1.1 desta orde, estea exento da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, deberá achegar para tal efecto o diploma superior de español como lingua estranxeira ou certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas ou título de licenciado en filoloxía hispánica ou románica, ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo. Exceptúase do anterior aquel persoal aspirante que xa conste como exento na aplicación informática de xestión do concurso-oposición.

3.4.2. As persoas con discapacidade deberán indicar no escrito que acheguen coa solicitude a discapacidade que padecen e solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para realizar os exercicios nos casos en que estas adaptacións sexan necesarias.

3.5. Lugar de presentación das solicitudes.

As instancias dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e poden ser presentadas:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado precepto. No caso de que se optase por presentar a solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, efectuarase mediante a resolución provisional pola que se publica a relación de persoal aspirante admitido e excluído para participar no procedemento selectivo.

3.6. Solicitudes cursadas no estranxeiro.

As solicitudes subscritas polas persoas que residan no estranxeiro deberán cursarse no prazo sinalado no punto seguinte a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán seguidamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O pagamento dos dereitos de exame realizarase de acordo co establecido no punto 3.8 desta convocatoria.

3.7. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.8. Importe e pagamento dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame serán os seguintes:

– Corpo:

Inspectores de educación: 40,74 euros.

Mestres: 35,08 euros.

Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame, logo de xustificación documental:

a) Persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50 %.

c) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, o mes anterior á data de convocatoria de probas selectivas de persoal convocadas para a selección de persoal da comunidade autónoma en que soliciten a súa participación. Serán requisitos para o gozo da exención que, no prazo do que se trate, non rexeitasen oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.

O importe dos dereitos de exame e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes faranse utilizando o impreso de autoliquidación sinalado no anexo VIII. O dito impreso facilitaráselles aos interesados xunto co impreso de solicitude e débese cubrir cos códigos que figuran no referido anexo.

A non presentación deste anexo, dentro de prazo, en que figure o selo da entidade bancaria determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

Tamén poderá efectuarse o pagamento pola internet no enderezo:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/oficina-virtual-tributaria/tramites-tributarios-sen-certificado (unha vez aí entrar na oficina virtual, servizos de acceso libre).

Neste caso é obrigatorio enviar o xustificante que se imprime ao efectuar o pagamento.

Base cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. Lista provisoria de persoal admitido e excluído.

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fará pública no Diario Oficial de Galicia a lista provisoria de admitidos e excluídos, por corpos, reservas e, no caso de mestres, especialidades. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome e número de documento nacional de identidade dos aspirantes, e se están exentos ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega e de lingua castelá. No caso dos aspirantes excluídos, especificarase a causa de exclusión.

4.2. Reclamación contra a lista provisoria.

Contra a lista provisoria o persoal interesado poderá interpoñer, no prazo máximo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e perante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.3. Lista definitiva do persoal admitido e excluído.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, que, igualmente, se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lle recoñeza ao persoal interesado a posesión dos requisitos exixidos nos procedementos que se convocan mediante esta orde. Cando da documentación que debe presentarse no caso de ser aprobado se deduza que non posúe algún dos requisitos, o persoal interesado decaerá en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación nestes procedementos.

4.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos o persoal interesado poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 115 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

4.5. Reintegro dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame seranlles reintegrados, por petición do persoal interesado, ao persoal aspirante que fose excluído definitivamente da realización dos procedementos selectivos por falta dalgún dos requisitos para tomar parte nas devanditas probas.

Base quinta. Órganos de selección

5.1. Tribunais.

A selección do persoal aspirante será realizada polos tribunais nomeados para o efecto, sen prexuízo do previsto nos puntos 6.3 e 7.3 desta orde respecto aos tribunais de valoración das probas previas de coñecemento do castelán e da lingua galega.

5.2. Nomeamento.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá ao nomeamento dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia.

Poderanse nomear todos os tribunais que se xulguen necesarios.

5.3. Composición dos tribunais.

Os tribunais estarán constituídos, de acordo co disposto no artigo 7 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, por funcionarios de carreira en activo dos corpos docentes correspondentes ou do corpo de inspectores de Educación ou de inspectores ao servizo da Administración educativa para extinguir.

Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberán ser titulares da especialidade obxecto do proceso selectivo e tenderase á paridade entre profesoras e profesores. Non obstante, cando a porcentaxe de mulleres sexa superior á de homes, manterase esa porcentaxe na composición dos tribunais.

En todo caso, os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo ao do corpo a que optan os aspirantes.

Con carácter xeral, os tribunais estarán compostos por:

• Prazas do corpo de inspectores de educación:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre persoal funcionario de carreira do corpo de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa.

– Catro vogais, designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira dos corpos de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa en situación de servizo activo.

• Prazas do corpo de mestres:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais, designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo e especialidade correspondente, e que estean impartindo esta.

Se con posterioridade tiver que substituírse algunha persoa titular ou suplente do tribunal, o titular será substituído polo correspondente suplente ou, na súa falta, polas que o sigan segundo a orde en que figuren na disposición pola que foron nomeadas. Se non puidese actuar o suplente número catro, pasaríase ao suplente número 1.

De non poderen actuar tampouco os suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos designará a seguinte persoa segundo a relación alfabética da especialidade ou, no caso de inspectores, dos corpos de inspectores de educación ou inspectores ao servizo da Administración educativa.

Quedarán exentos da participación no sorteo aqueles mestres que presten servizos na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas xefaturas territoriais.

5.4. Tribunais suplentes.

Para cada tribunal designarase polo mesmo procedemento un tribunal suplente.

5.5. Sorteo público.

O sorteo público terá lugar o día 13 de maio de 2013, ás nove horas, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela, San Caetano, s/n.

5.6. Constitución dos tribunais.

5.6.1. Logo da convocatoria do presidente ou presidenta, constituiranse os tribunais no prazo máximo de quince días desde a súa publicación no DOG, sendo precisa a asistencia do presidente ou presidenta titular ou, se é o caso, do ou da suplente, e de, polo menos, tres vogais, titulares ou suplentes.

Na citada sesión acordarán todas as decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.

Actuará como secretario ou secretaria o/a vogal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

5.6.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez constituídos os tribunais, só poderán actuar os membros presentes no acto de constitución e abondará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións. Non obstante, se, chegado o momento da actuación dos tribunais, estes non puideren actuar polo menos con tres membros, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará as medidas oportunas necesarias co fin de garantir o dereito dos aspirantes á participación no proceso selectivo.

5.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no vogal suplente respectivo ou, na súa falta, nos que o sigan, segundo a orde en que figuren na disposición pola que se nomearon.

5.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, a aquelas persoas que a soliciten e actuasen como membros dun tribunal de oposicións durante os anos 2009, 2010 ou 2011, sexan directores ou directoras dun centro ou teñan permiso sindical a tempo total.

5.7. Abstención e recusación dos tribunais.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se deren as circunstancias sinaladas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para o mesmo corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5.8. Categoría dos tribunais e comisións da avaliación da fase de prácticas.

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), estes tribunais considéranse incluídos na categoría primeira.

5.9. Indemnizacións por razón do servizo.

Os tribunais terán dereito ás indemnizacións por razón do servizo previstas na normativa vixente.

5.10. Funcións dos tribunais.

Os tribunais, con plena autonomía funcional, serán responsables da obxectividade do procedemento e garantirán o cumprimento das bases da convocatoria.

Correspóndelles aos tribunais:

a) A elaboración dos exercicios a que se refiren as bases décima e décimo primeira.

b) A determinación dos criterios de actuación.

c) A determinación e publicidade dos criterios de avaliación, antes do inicio da primeira parte da proba ou da primeira parte da primeira proba.

d) A valoración dos méritos da fase de concurso.

e) A cualificación das distintas probas da fase de oposición.

f) A agregación das puntuacións da fase de concurso ás adxudicadas na fase de oposición, a ordenación dos aspirantes e a elaboración das listas dos aspirantes que superasen ambas as fases.

g) A declaración dos aspirantes que superaron as fases de concurso e oposición e resulten seleccionados, a publicación das listas correspondentes a eles, así como a súa elevación á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

h) A conformación do expediente administrativo cubrindo os modelos que lles sexan facilitados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Deberán facer uso das aplicacións informáticas que se poñan á súa disposición, mantendo actualizados os datos para aseguraren o desenvolvemento do procedemento.

A actuación dos tribunais axustarase en todo o proceso ao disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.11. Adaptación de tempo e medios.

Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares oportunidades para a realización das probas que o resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización, conforme as instrucións dadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicará a cada persoa interesada a adaptación ou adaptacións autorizadas.

Base sexta. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española

6.1. Acreditación do coñecemento do castelán.

6.1.1. De conformidade co previsto no artigo 16 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, as persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a presentación dalgún dos títulos ou certificados seguintes:

– Diploma superior de español como lingua estranxeira.

– Certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas.

– Título de licenciatura en filoloxía hispánica ou románica.

– Certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.

6.1.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán da forma prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización dunha proba na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión escrita desta lingua. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria establecerá a data en que se realizará a dita proba.

6.2. O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) (BOE do 8 de novembro).

6.3. Tribunal de valoración.

A valoración da proba realizaraa un tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos composto por un presidente ou presidenta e catro vogais, pertencentes ao corpo de catedráticos ou profesores de ensino secundario, especialidade lingua castelá e literatura. Os catro vogais serán designados mediante sorteo público. Da mesma forma se designará un tribunal suplente.

6.4. Valoración da proba.

O tribunal valorará esta proba de «apto» ou «non apto». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuase e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base sétima. Acreditación do coñecemento do galego

7.1. A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da súa validación, do curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa validación, feita polo órgano competente, o título de licenciado en filoloxía galego-portuguesa ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

7.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego da forma prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización dunha proba.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita na data que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo V e nunha tradución do castelán para o galego.

7.3. Tribunais de valoración.

A valoración da proba realizaraa o tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, composto por un presidente ou presidenta, designado directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e catro vogais, designados por sorteo público, pertencentes ao corpo de catedráticos ou de profesores de ensino secundario, especialidade lingua e literatura galegas. Da mesma maneira se designará un tribunal suplente.

7.4. Valoración da proba.

Os tribunais valorarán esta proba de «apto» e «non apto». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas como «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuasen e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base oitava. Comezo e desenvolvemento do procedemento selectivo

8.1. Comezo.

O procedemento selectivo dará comezo a partir do 21 de xuño de 2013.

8.2. Orde de actuación.

A actuación dos aspirantes, cando non sexa simultánea, será realizada pola seguinte orde:

a) Se é o caso, aspirantes que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade, pola orde que se establece na letra seguinte.

b) A orde de actuación dos restantes aspirantes iniciarase alfabeticamente por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra «X», conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2013 e publicado no Diario Oficial de Galicia do 22 de xaneiro. Os tribunais que non conten con aspirantes cuxo apelido empece pola letra indicada iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

8.3. Citación dos aspirantes.

8.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través do Diario Oficial de Galicia, para a realización da proba, de ser o caso, da acreditación do coñecemento do castelán, da proba de coñecementos da lingua galega, do acto de presentación e a primeira parte da proba prevista na base novena desta convocatoria, con dez días naturais de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos.

8.3.2. O persoal aspirante será convocado para cada parte de cada proba en único chamamento e serán excluídos do proceso selectivo os que non comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

8.3.3. Unha vez comezado o procedemento selectivo, non será obrigatoria a publicación dos sucesivos chamamentos aos aspirantes no Diario Oficial de Galicia. Estes anuncios deberán facelos públicos os tribunais nos locais en que se realicen as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions, con 24 horas, como mínimo, de antelación.

8.4. Identificación dos aspirantes.

O tribunal poderá requirir en calquera momento os aspirantes para que acrediten a súa identidade.

8.5. Exclusión dos aspirantes.

Se, en calquera momento do proceso selectivo, os tribunais teñen coñecemento de que algún dos aspirantes non posúe algún dos requisitos exixidos por esta convocatoria, despois de audiencia á persoa interesada, deberán propoñer a súa exclusión ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, comunicándolle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas pola persoa aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas, para os efectos que procedan.

Así mesmo, os tribunais teñen a facultade de poderen excluír do procedemento selectivo a aquela persoa aspirante que leve a cabo calquera actuación de tipo fraudulento durante a realización dos exercicios.

Contra a exclusión, a persoa aspirante poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

8.6. Acto de presentación.

Na data, a hora e o lugar que se estableza, conforme o previsto no punto 8.3.1, celebrarase o acto de presentación de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos. Este acto de presentación, que terá lugar con posterioridade á realización das probas de coñecemento do castelán e da lingua galega, ten carácter personalísimo e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación.

As persoas aspirantes que non asistan ao dito acto decaerán nos seus dereitos e serán excluídas do procedemento, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente, será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non se estea adscrito.

Se este acto de presentación ou a realización dalgunha das partes da proba coincide co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes ou do informe facultativo se deduce a imposibilidade de asistir ao acto de presentación ou á realización da proba por causas derivadas do embarazo, o tribunal adoptará as medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.

Neste acto de presentación os tribunais identificarán as persoas aspirantes, que deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento similar que acredite a identidade. Darán as instrucións que consideren convenientes e aclararán as dúbidas suscitadas para o mellor desenvolvemento do procedemento selectivo.

Base novena. Sistema de selección

9.1. Sistema selectivo.

O sistema de ingreso e acceso na función pública docente será o de concurso-oposición. Existirá, ademais, unha fase de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

9.2. Temarios.

Nestes procedementos selectivos rexerán os seguintes temarios:

– Corpo de inspectores de educación: Orde EDU/3429/2009, do 11 de decembro, pola que se aproba o temario da fase de oposición do procedemento selectivo de acceso ao corpo de inspectores de educación (BOE número 306, do 21 de decembro).

– Corpo de mestres: Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE do 21 de setembro), no que se refire á parte A, e quedará sen vixencia para a súa aplicación a este procedemento selectivo o disposto en canto á parte B.

9.3. Fase de concurso.

9.3.1. Presentación de méritos ante o tribunal.

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran no persoal aspirante ata finalizar o prazo de presentación de solicitudes sinalado no punto 7 da base terceira, conforme o baremo que se inclúe como anexo I e II desta convocatoria, segundo se trate de persoal aspirante a acceso ao corpo de inspectores de educación ou de persoal aspirante a ingreso no corpo de mestres.

A documentación acreditativa dos méritos alegados, na forma que se establece no anexo I e II desta orde, só deberá presentala ante o propio tribunal o persoal aspirante a acceder ao corpo de inspectores de educación que supere a primeira parte da proba ou o persoal aspirante a ingreso no corpo de mestres que supere a primeira proba, no prazo que estableza o propio tribunal ao publicar no taboleiro de anuncios da sede de actuación a resolución que faga pública a relación do persoal aspirante que superou a primeira parte da proba ou a primeira proba. A documentación acreditativa achegarase xunto cunha relación dos méritos alegados nos modelos que se publican como anexo III ou IV desta convocatoria, e que poderá cubrirse e imprimirse a través da aplicación informática.

Independentemente da data de presentación ante o tribunal da citada documentación, todos os méritos alegados deben posuírse con anterioridade á data de final do prazo de presentación de solicitudes.

A documentación acreditativa dos méritos de cada aspirante quedará baixo a custodia da presidencia do tribunal, que a entregará á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez finalizado o procedemento selectivo, xunto co expediente administrativo.

9.3.2. Puntuación provisional da fase de concurso e prazo de reclamacións.

A valoración dos méritos realizaraa o tribunal tendo en conta o disposto no anexo I ou II, segundo se trate de aspirantes do corpo de inspectores ou de aspirantes a ingreso no corpo de mestres e, se é o caso, as instrucións que poida ditar a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

A puntuación provisional da fase de concurso, por epígrafes, publicarase no taboleiro de anuncios da sede de actuación do tribunal e, para os efectos informativos, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es. Contra ela poderá presentarse reclamación perante o propio tribunal, mediante escrito dirixido a el, no prazo de tres días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

9.3.3. Puntuación definitiva.

Resoltas as reclamacións contra a resolución provisional, o tribunal fará pública a puntuación definitiva da fase de concurso no taboleiro de anuncios da sede de actuación e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es. Soamente é preceptivo publicar a puntuación definitiva da fase de concurso do persoal aspirante que supere a fase de oposición.

9.3.4. Recurso de alzada.

Contra a resolución que fará publicas as puntuacións definitivas da fase de concurso poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Base décima. Desenvolvemento da fase de oposición de acceso ao corpo de inspectores de educación

10.1. Fase de oposición.

A fase de oposición consistirá nunha proba en que se valorarán os coñecementos pedagóxicos, de administración e lexislación educativa adecuada á función inspectora que van a realizar os aspirantes, así como os coñecementos e técnicas específicas para o seu desempeño. A proba constará de tres partes, nas cales haberá que obter unha cualificación mínima de cinco puntos en cada unha delas.

10.2. Partes da proba.

a) Parte primeira. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema referido á parte A do temario, elixido polo aspirante de entre dous extraídos ao chou polo tribunal.

Para a realización deste exercicio escrito o persoal aspirante disporá dun máximo de tres horas.

Este exercicio será lido polo persoal aspirante ante o tribunal, que poderá formular as preguntas ou aclaracións que considere pertinentes, durante un período máximo de quince minutos.

b) Parte segunda. O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na primeira parte da proba, realizará esta segunda parte consistente na exposición oral dun tema, referido á parte B do temario, elixido polo persoal aspirante de entre dous extraídos ao chou polo tribunal.

O persoal aspirante disporá de trinta minutos para a preparación deste exercicio e dun máximo de sesenta minutos para a súa exposición oral. Terminada a exposición, o tribunal poderá formular as preguntas ou aclaracións que considere pertinentes, durante un período máximo de quince minutos.

c) Parte terceira. O persoal aspirante que obteña, polo menos, un cinco na segunda parte da proba, realizará esta terceira, que consistirá na análise por escrito dun caso práctico sobre as técnicas adecuadas para a actuación da inspección de Educación, que será proposto polo tribunal.

Para a realización deste exercicio escrito o persoal aspirante disporá dun máximo de tres horas. O exercicio será lido polo persoal aspirante ante o tribunal.

10.3. Cualificación da fase de oposición.

O tribunal cualificará cada unha das partes da proba de cero a dez puntos e será necesario alcanzar en cada unha delas unha puntuación igual ou superior a cinco para considerar que o persoal aspirante superou a fase de oposición e, por tanto, poder acceder á valoración dos méritos da fase de concurso.

A cualificación correspondente a cada parte da proba será a media aritmética da puntuación de todos os membros presentes no tribunal, e débense calcular con aproximación de ata as dez milésimas para evitar, dentro do posible, que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, e a puntuación media calcularase entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, só será excluída unha delas.

A puntuación final da proba, unha vez superadas as tres partes dela, será o resultado de ponderar nun 40 % a puntuación obtida na parte terceira e un 30 % cada unha das outras partes.

Base décimo primeira. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de mestres tanto pola quenda libre como pola reserva de discapacitados.

Nesta fase valorarase a posesión dos coñecementos específicos, científicos e técnicos da especialidade docente a que opta o persoal aspirante, así como a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.

11.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de inglés deberá desenvolver as probas neste idioma.

11.2. As dúas partes que integran a primeira proba deberán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.

11.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente a que se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:

11.3.1. Parte A: incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo VI desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade a que se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

11.3.2. Parte B: consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante de entre dous temas dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal.

Os aspirantes disporán de dúas horas para a realización desta parte da primeira proba.

No suposto de que a primeira parte da proba se realice por escrito procederase á súa lectura conxunta coa segunda e a cualificación de cada parte realizarase por separado.

11.3.4. Cualificación da primeira proba.

A primeira parte e a segunda parte da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos, ponderándose do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,7 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,3 a cualificación obtida.

Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de polo menos o 25 por 100 do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán no taboleiro de anuncios do local onde se realizou e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/oposicions as puntuacións obtidas polos aspirantes que a superaron.

11.4. Segunda proba nas especialidades de educación infantil e lingua estranxeira: inglés. Proba de aptitude pedagóxica.

O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia relacionada coa especialidade por que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos.

Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultarán excluídos do procedemento selectivo aqueles aspirantes cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderán excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os currículos publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na comunidade autónoma.

A programación deberá entregarse ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro en que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.

Parte B: preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral ante o tribunal dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada polo aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por el mesmo, da súa programación. No segundo caso, o aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citada unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que se perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula e os seus procedementos de avaliación.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá dun folio e que se entregará ao tribunal ao final.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder vinte minutos, e a seguir realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder dez minutos.

11.5. Segunda proba nas especialidades de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. Proba de aptitude pedagóxica.

No caso de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, esta segunda proba terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da súa función de asesoramento e orientación educativa. Consistirá na presentación dun plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas e na elaboración e exposición oral dun programa de intervención.

Parte A: o plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas deberá conter, como mínimo, seis programas de intervención e basearse na normativa vixente e nas necesidades do alumnado, do centro e do contexto, e recollerá obxectivos, contidos, actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e organizativos, temporalización das accións, avaliación e propostas. Neste plan deberá prestarse especial relevancia á actuación do persoal aspirante como profesor de apoio.

O plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas, que terá as mesmas características establecidas para a programación didáctica, deberá ser entregado ao tribunal por aqueles que superen a primeira proba, no centro en que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións daqueles que superaron a citada proba.

Parte B: elaboración ante o tribunal e exposición oral dun programa de intervención relacionado co plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas presentado pola persoa aspirante ou elaborado a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, a persoa aspirante elixirá ao chou un programa de intervención con alumnado con necesidades educativas especificas (alumnado estranxeiro, con sobredotación intelectual ou con necesidades educativas especiais). No segundo caso, o aspirante elixirá o contido do programa de intervención dun tema de entre tres elixidos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade.

A persoa aspirante disporá dunha hora para a preparación do programa de intervención e poderá utilizar o material que considere oportuno.

Para a exposición, a persoa aspirante poderá utilizar un guión que non excederá un folio e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa exposición.

O persoal aspirante disporá dun período máximo dunha hora para a defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas, a exposición do programa de intervención e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas, que non poderá exceder vinte minutos, e a seguir realizará a exposición do programa de intervención, que non excederá trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder dez minutos.

11.6. Cualificación da segunda proba.

Esta segunda proba valorarase globalmente de cero a dez puntos e o persoal aspirante debe alcanzar, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.

11.7. Cualificación da fase de oposición.

A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que a integran, cando ambas foren superadas.

11.8. Cualificación do tribunal.

A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal e débense calcular con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

Estas cualificacións faranse constar no expediente administrativo.

Base décimo segunda. Acceso á fase de concurso

A cualificación final da fase de oposición expresarase en números de cero a dez, sendo necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso.

O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

Base décimo terceira. Forma de cubrir as prazas de reserva

Os tribunais número 1, para os efectos de cubrir as prazas obxecto desta convocatoria pola reserva de discapacitados, axustaranse ás seguintes normas:

a) Se houber un número suficiente de persoal aspirante que cumpra os requisitos mínimos para aprobar entre o persoal aspirante que concorra ás prazas reservadas para persoas con discapacidade, a totalidade destas prazas adxudicaráselles a estes opositores, calquera que sexa a súa puntuación.

b) Aqueles opositores que concorran ás prazas reservadas para persoas con discapacidade e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan o número de prazas asignadas ao tribunal para esta reserva, concorrerán á formación da lista de aprobados do tribunal en igualdade de condicións que os das prazas libres, segundo a súa puntuación e tal e como se determina na base 14.

c) No caso de que existan prazas de calquera das reservas que non poidan ser cubertas por non existir un número suficiente de aspirantes coa puntuación mínima requirida, estas acumularanse ás libres e serán distribuídas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo co procedemento establecido na base primeira, epígrafe 5.

Base décimo cuarta. Superación do procedemento selectivo

14.1. Obtida a cualificación da fase de oposición, os tribunais avaliarán definitivamente a fase de concurso do persoal aspirante que superou a fase de oposición, resultando seleccionados para pasaren á fase de prácticas aqueles aspirantes que, unha vez ordenados segundo a puntuación global da fase de oposición e concurso, teñan un número de orde igual ou menor que o número total de prazas asignadas ao tribunal.

De conformidade co establecido nos artigos 25 e 47 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, a ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será de dous terzos da fase de oposición e un terzo da fase de concurso.

14.2. As prazas que puideren quedar vacantes nalgún tribunal serán asignadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos á persoa que superou a fase de oposición e que teña maior puntuación na fase de concurso-oposición, unha vez efectuadas as ponderacións pertinentes, do tribunal da mesma especialidade que proceda segundo o sistema de distribución de prazas establecido na base 1.5 desta convocatoria.

14.3. Criterios de desempate.

No caso de que se produzan empates, estes resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación na fase de oposición.

b) Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que estes aparecen nesta convocatoria.

c) Maior puntuación nas epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.

d) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas parecen nesta convocatoria.

e) En caso de persistir o empate, este dirimirase a través da realización dunha proba que se realizará por escrito sobre cuestións breves referidas ao temario da especialidade no caso de mestres, e á parte B do temario no caso do corpo de inspectores de educación. Esta proba será elaborada, organizada e avaliada polo tribunal correspondente. As persoas aspirantes serán convocadas para esta proba polo propio tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

14.4. Orde de relación.

Os tribunais confeccionarán a correspondente relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición ata o número máximo de prazas que lle foron asignadas a cada un deles, ordenada de acordo co establecido nas bases anteriores.

Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do local ou locais en que tiveron lugar as probas, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es, e outorgarase un prazo de dous días hábiles para reclamar contra posibles erros.

Contra as listas definitivas poderán os interesados interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 107 e 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos.

14.5. En ningún caso os tribunais poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas asignadas a cada un deles. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido neste punto será nula de pleno dereito.

14.6. O persoal aspirante que supere no mesmo corpo os procedementos selectivos convocados por esta consellería e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou noutra comunidade autónoma con competencias en materia educativa, se optaren polo posto de traballo correspondente ao ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, deberán presentar instancia neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, xunto coa copia de renuncia ao outro posto de traballo, no prazo de dez días, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de aspirantes seleccionados. De non realizar esta opción, a aceptación do primeiro nomeamento como funcionario en prácticas entenderase como renuncia tácita aos restantes.

14.7. Publicación da lista de aprobados.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es as listas únicas de aprobados por especialidade, no caso de mestres, ou do corpo de inspectores de educación, segundo se detalla nos puntos anteriores.

A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas dará lugar a que se declare aprobada a persoa que, se é o caso, lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base común 14.

Base décimo quinta. Presentación de documentos

15.1. No prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de aprobados no Diario Oficial de Galicia, os aspirantes aprobados deberán presentar perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso no correspondente corpo ou certificación académica que acredite que realizaron todos os estudos para a obtención do título, xunto coa fotocopia compulsada do recibo acreditativo de que se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, agás se calquera dos dous documentos for presentado para a súa valoración como mérito. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de mestre.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

A persoa aspirante que fixer valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Traballo e Benestar Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

c) Declaración responsable de que non foron separados mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública e de non estaren inhabilitados para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo VII a esta convocatoria.

Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo VII.

15.2. Excepcións.

Os que teñan a condición de funcionarios públicos de carreira e estean en situación de servizo activo estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, e deberán presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do organismo de que dependan, na cal se consignen de forma expresa os seguintes datos:

a) Corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se están en servizo activo.

b) Lugar e data de nacemento.

c) Título académico que posúen e data de expedición.

15.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

15.4. Os que, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presenten a documentación, ou se do exame dela se deduce que carecen dalgún dos requisitos xerais establecidos na base común 2, non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas nin funcionarios de carreira, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Base décimo sexta. Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas

16.1. Destino provisional e nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas.

As persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de discapacitados quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas. No caso de non se incorporaren aos citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ao proceso selectivo.

Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo respectivo, serán nomeados funcionarios en prácticas.

A toma de posesión como persoal funcionario en prácticas será con efectividade da data que se determine para o comezo do curso.

Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisorio para a realización do período de prácticas, o persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

16.2. Destino definitivo.

As persoas aspirantes que superen o proceso selectivo deberán obter o seu primeiro destino definitivo nun dos centros ou nunha das sedes, no caso da inspección educativa, directamente xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e están obrigadas, para estes efectos, a participaren nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.

16.3. Réxime xurídico-administrativo do persoal aspirante nomeado funcionario ou funcionaria en prácticas.

Desde o nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas ata o nomeamento como persoal funcionario de carreira, o réxime xurídico-administrativo das persoas opositoras será o de persoal funcionario en prácticas, sempre que estea desempeñando un posto docente ou un posto da Inspección educativa. En todo caso, a súa incorporación á realización das prácticas producirase con ocasión de vacante.

16.4. Aprazamento da fase de prácticas.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá, por causa xustificada e por petición da persoa interesada, conceder o aprazamento da fase de prácticas.

16.5. Exencións á realización da fase de prácticas no corpo de inspectores de educación.

Estará exento da realización da fase de prácticas o persoal aspirante seleccionado que acredite ter prestado servizos, polo menos durante un ano, como inspector ou inspectora de Educación, con carácter provisional. Esta exención deberá ser solicitada pola persoa interesada ante a Dirección xeral de Centros e Recursos e Humanos.

Sen prexuízo do recoñecemento como exento da avaliación da fase de prácticas, a situación administrativa destes, ata o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de inspectores de Educación, será a de persoal funcionario en prácticas, e estarán obrigados a desempeñar os destinos provisionais que lles asigne a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

16.6. Exencións á realización da fase de prácticas no corpo de mestres.

Estarán exentos da avaliación da fase de prácticas aqueles aspirantes que acrediten unha experiencia dun ano como persoal funcionario de carreira dun corpo docente.

16.7. Opción da remuneración dos funcionarios en prácticas.

O persoal aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo e que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como funcionario de carreira, interino, contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo). Na falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.

Base décimo sétima. Fase de prácticas no corpo de inspectores de educación

17.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

As prácticas terán por obxecto garantir que o persoal aspirante que superou a fase de concurso-oposición posúa a adecuada preparación para levar a cabo as funcións atribuídas ao corpo de inspectores de Educación. Serán tuteladas por un funcionario ou funcionaria de carreira co corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa ou do corpo de inspectores de Educación.

Realizaranse nos destinos provisionais que lles correspondan co desempeño da función inspectora con plena validez.

A súa duración será de catro meses.

17.2. Constitución das comisións cualificadoras.

En cada xefatura territorial constituirase unha comisión cualificadora da fase de prácticas integrada pola xefatura da inspección, que exercerá a presidencia, e dous funcionarios ou funcionarias de carreira do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa ou do corpo de inspectores de Educación.

17.3. Funcións do titor ou titora.

As funcións do inspector or inspectora titores consistirán en asesorar, informar e avaliar, tal como se indica no punto seguinte, o persoal en prácticas, sobre as funcións propias das inspectoras e inspectores de Educación. Ao final do período de prácticas, o titor ou titora emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión cualificadora.

17.4. Actividades de inserción e formación.

As actividades de inserción no posto de traballo consistirán no desenvolvemento de actividades tuteladas polo inspector ou inspectora titores en relación co plan de actuación da Inspección educativa.

As actividades de formación serán programadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ben como actividades específicas para o persoal aspirante ben dentro da oferta xeral de formación. Versarán sobre as competencias propias da Inspección educativa. A súa duración non será inferior a sesenta horas. Sobre o desenvolvemento destas actividades emitirán informe as persoas responsables da actividade, se se trata dunha oferta específica, ou mediante o certificado correspondente, se se trata de actividades incluídas na oferta xeral.

17.5. Memoria final.

O persoal aspirante elaborará un informe-memoria final en que fará una valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe entregarase ao final da fase de prácticas á comisión cualificadora.

17.6. Avaliación das inspectoras e dos inspectores en prácticas.

A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos pola inspectora ou inspector titor, do persoal responsable das actividades de formación e do informe-memoria presentado pola persoa aspirante.

A comisión cualificadora trasladará ao director xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de persoas en prácticas coa cualificación obtida.

As prácticas cualificaranse como apto ou non apto.

Os aspirantes cualificados de non aptos na fase de prácticas poderán repetir esta fase por unha soa vez no curso académico seguinte. Os que non se incorporen ou sexan declarados ou declaradas non aptos por segunda vez perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como funcionarios o funcionarias de carreira.

Base común décimo oitava. Fase de prácticas do corpo de mestres

18.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

A fase de prácticas forma parte do procedemento selectivo e ten por obxecto a comprobación de que o aspirante posúe as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia. Realizaranse nos destinos provisionais que lles correspondan, conforme o procedemento que estableza a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ben en postos vacantes ben en substitucións, con desempeño de función docente con plena validez académica.

A duración da fase de prácticas será de catro meses. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas.

18.2. Constitución das comisións cualificadoras.

En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora integrada pola xefatura da inspección provincial, que actuará como presidente; dous inspectores de educación e dous directores de centros designados polo xefa ou xefe territorial.

18.3. Profesor ou profesora titora da fase de prácticas.

O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a titoría dun profesor ou profesora experimentada do mesmo corpo, preferentemente da especialidade correspondente, designada pola comisión cualificadora da provincia.

18.4. Funcións do titor ou titora.

As funcións do profesor titor consistirán en asesorar, informar e avaliar o funcionario en prácticas sobre a organización e funcionamento do centro e dos seus órganos de goberno, de participación e de coordinación didáctica, sobre a programación didáctica da materia, a programación de aula e a avaliación dos alumnos. Ao final do período de prácticas, o profesor titor emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión cualificadora.

O profesorado que tutele as prácticas dos aspirantes seleccionados nos concursos-oposición de ingreso aos corpos docentes terán un recoñecemento de 30 horas de formación pola función desenvolvida, cun máximo de sesenta horas por sexenio.

18.5. Actividades de formación.

Formando parte da fase de prácticas, os aspirantes seleccionados deberán realizar un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este curso, que será programado polo Servizo de Formación do Profesorado, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que permita aos funcionarios en prácticas desenvolveren correctamente en galego as súas funcións e tarefas.

18.6. Avaliación do profesorado en prácticas.

As persoas aspirantes elaborarán un informe-memoria final no cal farán unha valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe seralle entregado ao remate da fase de prácticas á comisión cualificadora.

A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos polo profesor-titor, a dirección do centro, o persoal responsable das actividades de formación e, se é o caso, o inspector ou inspectora responsable do centro e do informe presentado polo propio aspirante.

A presidencia da comisión cualificadora, en caso de informes desfavorables, disporá que o inspector ou inspectora de educación do centro en que presta servizos o funcionario ou funcionaria que está realizando as prácticas visite o dito centro e avalíe na aula as súas aptitudes didácticas como docente. O informe da inspección engadirase aos do director e profesor-titor para que, xunto co informe-memoria final realizado polo funcionario en prácticas, sirvan para a avaliación que debe facer a comisión cualificadora.

18.7. A comisión cualificadora trasladaralle ao director xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de funcionarios e funcionarias en prácticas coa cualificación obtida.

18.8. Cualificación da fase de prácticas.

As prácticas cualificaranse como apto ou non apto.

18.9. Persoas aspirantes non aptas na fase de prácticas.

As persoas aspirantes cualificadas de non aptas na fase de prácticas poderá repetila, incorporándose no curso seguinte co persoal seleccionado da seguinte promoción, ocupando, nesta promoción, o número de orde seguinte ao do último seleccionado na súa especialidade. No caso de que non houbese convocatoria do seu corpo e especialidade, efectuará igualmente as prácticas no curso seguinte. As persoas que non se incorporen ou sexan declaradas non aptas por segunda vez, perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como funcionarios ou funcionarias de carreira.

Base décimo novena. Nomeamento de funcionarias e funcionarios de carreira.

19.1. Proposta de nomeamento como funcionarias e funcionarios de carreira.

Rematada a fase de prácticas e verificado que os que a superaron reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas do persoal ingresado nos correspondentes corpos ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para o nomeamento e expedición dos títulos de funcionarias e funcionarios de carreira, con efectividade do 1 de setembro de 2014.

19.2. Destino definitivo en Galicia.

De acordo co previsto no artigo 10.d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria deberá obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.

Título II
Procedemento de adquisición doutras especialidades

Base vixésima

Convócase procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de mestres poidan adquirir nova especialidade, de conformidade co establecido nas seguintes bases:

20.1. Normas xerais.

As especialidades que poderán adquirirse no corpo citado anteriormente mediante o procedemento regulado neste título serán as mesmas que as convocadas para o procedemento de ingreso libre.

A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas no punto 1.2 desta orde, así como as restantes bases do título I que non se opoñan ao disposto neste título.

20.2. Requisitos das persoas candidatas.

Para poderen participar neste procedemento, as persoas candidatas deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, con destino no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Reunir os requisitos que se exixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir.

20.3. Solicitudes e pagamento dos dereitos.

As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido na base 3 desta convocatoria.

20.4. Órganos de selección.

Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles a que se refire a base 5 desta convocatoria e exercerán respecto deste procedemento as mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.

20.5. Comezo e desenvolvemento das probas.

O comezo e o desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base 8 desta convocatoria.

20.6. Sistema de selección.

– Para todas as especialidades.

A proba consistirá na exposición oral dun tema da especialidade a que se opta, elixido polo aspirante de entre tres extraídos ao chou polo tribunal.

O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora.

Na especialidade de lingua estranxeira inglés a exposición realizarase nesta lingua.

20.7. Cualificación da proba.

Os tribunais cualificarán a proba a que se refire o punto anterior de apto ou non apto e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados con apto.

20.8. Publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado polo órgano convocante que a persoa aspirante que obtivo a cualificación de apto reúne os requisitos exixidos na base 15 desta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se declara apto o persoal aspirante, coa indicación da nova especialidade adquirida.

20.9. Exención da fase de prácticas.

O persoal que adquira unha nova especialidade por este procedemento estará exento da fase de prácticas.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de acceso

Méritos

Puntos

Documentos xustificativos

I. Traxectoria profesional.

Ata 3

1.1.1. Por cada ano de experiencia docente que supere os seis exixidos como requisito, como funcionario de carreira dos corpos que integran a función pública docente.

0,500

Folla de servizos certificada pola xefatura territorial correspondente.

1.1.2. Por cada ano de servizos en postos da Administración educativa de nivel 26 ou superior.

0,500

Fotocopia compulsada do nomeamento e, se é o caso, do cesamento.

1.2. Por pertencer aos corpos de catedráticos.

2

Fotocopia compulsada do título administrativo ou credencial, ou, se é o caso, fotocopia simple do boletín oficial en que apareza o nomeamento.

Por esta epígrafe só se valorarán como máximo cinco anos posteriores aos seis anos de exercicio profesional exixidos pola convocatoria.

II. Exercicio como inspector accidental.

Ata 2

Por cada ano de servizos en postos de inspector ou inspectora accidental, sempre que se accedese ao posto mediante concurso público de méritos.

0,750

Fotocopia compulsada do nomeamento acompañado da toma de posesión e, se é o caso, cesamento, ou folla de servizos expedida pola xefatura territorial correspondente.

III. Exercicio de cargos directivos e de coordinación didáctica.

Ata 3

3.1. Por cada ano como director ou directora dun centro público, con avaliación positiva, cando se realizase, ou como director ou directora dun centro de formación e recursos.

0,750

Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración do cargo e, se é o caso, do cesamento.

3.2. Por cada ano de exercicio da vicedirección, xefatura de estudos, secretaría, administrador ou administradora, profesor ou profesora delegada nas seccións de formación profesional ou outros análogos.

0,500

Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración do cargo e, se é o caso, do cesamento.

3.3. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador de ciclo na educación primaria, xefe de división, xefe de departamento de normalización e dinamización lingüística, coordinador de área. Asesor de formación permanente ou figuras análogas, así como director de agrupacións de lingua e cultura españolas.

0,100

Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración do cargo e, se é o caso, do cesamento.

IV. Preparación científica e didáctica e outros méritos.

Ata 2

4.1. Preparación científica e didáctica

Ata 0,700

4.1.1. Por cada titulación superior distinta á exixida para acceder ao corpo.

0,150

Fotocopia compulsada do título.

4.1.2. Por publicacións de carácter científico ou didáctico.

Ata 0,500

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignaren o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/72, do 2 de novembro, ou, se é caso, ISSN ou ISMN, carezan del, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o editor delas.

No caso de libros, os exemplares correspondentes, así como certificado da editorial onde conste o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

Para a valoración de libros editados polas universidades, organismos ou entidades públicas, será necesario achegar certificación en que conste a distribución destes.

No caso de revistas, certificación en que conste o número de exemplares, lugares de distribución e venda, ou asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista.

Nos supostos en que a editorial ou asociación desaparecesen, o dito aspecto terá que xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

No caso de publicación que só se dea en formato electrónico, presentarase un informe oficial en que o organismo emisor certificará que a publicación aparece na base de datos, bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, os autores, a revista, o volume, o ano e a páxina inicial e final.

4.2. Preparación específica para o exercicio da función inspectora (0,01 punto por cada 10 horas de formación).

Ata 0,500

Fotocopia compulsada das actividades de formación convocadas por administracións educativas ou homologadas especificamente relacionadas coa función inspectora.

4.3. Coñecementos de idiomas.

Ata 0,300

4.3.1. Por cada titulación universitaria superior de idiomas.

0,200

Fotocopias compulsadas ou cotexadas dos títulos que se posúen ou, se é o caso, os certificados de estudos e de ter abonado os dereitos de expedición dos títulos.

4.3.2. Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas ou polo curso de especialización de galego.

0,100

Fotocopias compulsadas ou cotexadas dos títulos que se posúen ou, se é o caso, os certificados de estudos e de ter aboado os dereitos de expedición dos títulos.

ANEXO II
Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de acceso

I. Experiencia docente previa (máximo 5 puntos)

1.1. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do corpo a que opta o aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

1,000 punto

Folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou, no seu defecto, certificación do secretario ou secretaria do centro co visto e prace da dirección, na cal debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou fotocopia compulsada deles en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

1.2. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distintos corpos ao que opta o aspirante, en centros públicos dependentes de administracións educativas.

0,500 puntos

Folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou, no seu defecto, certificación do secretario ou secretaria do centro co visto e prace da dirección, no cal debe constar a data de toma de posesión e cesamento e a especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou fotocopia compulsada deles, na cal conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

1.3. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido polo corpo a que opta o aspirante, noutros centros.

0,500 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, na cal conste a data de toma de posesión e cesamento, área ou materia impartida e nivel educativo ou etapa educativa.

1.4. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distinto nivel ou etapa educativa que o impartido polo corpo a que opta o aspirante, noutros centros.

0,250 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, na cal conste data de toma de posesión e cesamento, área ou materia impartida e nivel ou etapa educativa.

Enténdense por centros públicos os centros a que se refire o capítulo II do título IV da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, integrados na rede pública de centros creados e sostidos polas administracións educativas.

Para os efectos desta epígrafe terase en conta un máximo de cinco anos, cada un dos cales deberá ser avaliado nunha soa das subepígrafes anteriores.

Non será necesario xustificar os méritos das subepígrafes 1.1 e 1.2 cando os servizos fosen prestados en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

II. Formación académica (máximo 5 puntos)

2.1. Expediente académico no título alegado, sempre que o título alegado se corresponda co nivel de titulación exixido con carácter xeral para ingreso no corpo (doutor, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, para corpos docentes grupo A1, ou mestre, para corpos docentes grupo A2); valorarase exclusivamente a nota media do expediente académico, do modo que a seguir se indica:

Desde 7,51 e ata 10

1,500 puntos

Certificación académica persoal orixinal ou fotocopia cotexada, na cal consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos para a obtención do título alegado.

Desde 6,00 e ata 7,50

1,000 punto

2.2. Posgraos, doutoramentos e premios extraordinarios:

2.2.1. Polo certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados (Real decreto 778/1998, do 30 de abril), o título oficial de máster (Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro), Suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente sempre que non sexa requisito para o ingreso na función pública docente:

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

2.2.2. Por posuír o título de doutor:

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título de doutor ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

2.2.3. Por obter premio extraordinario no doutoramento:

0,500 puntos

Documento xustificativo

2.3. Outras titulacións universitarias.

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as alegadas como requisito para o ingreso na función pública docente, valoraranse da forma seguinte:

2.3.1. Titulacións de primeiro ciclo:

Por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica en que se acredite a súa superación.

No caso de aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A2, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que presente o aspirante.

No caso de aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fosen necesarios superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que presente o aspirante.

2.3.2. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:

1,000 punto

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica en que se acredite a súa superación.

No caso de aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, os estudos que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias) para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que presente o aspirante.

Valorarase nesta epígrafe o estar en posesión do título de grao.

2.4. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional específica:

a) Por cada título profesional de música ou danza:

0,500 puntos

Certificación académica ou fotocopia cotexada do título alegado para ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

b) Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas:

0,500 puntos

c) Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño:

0,200 puntos

d) Por cada título de técnico superior de formación profesional.

0,200 puntos

e) Por cada título de técnico deportivo superior:

0,200 puntos

III. Outros méritos (máximo 2 puntos)

3.1. Dominio de linguas estranxeiras.

3.1.1. Nivel C1 ou superior.

Por cada certificado oficial de recoñecemento dunha lingua estranxeira, que acredite un nivel de coñecemento de idiomas, expedido por centros oficiais, segundo a clasificación do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).

1 punto

Fotocopia compulsada do título correspondente co certificado de acreditación dunha lingua estranxeira clasificado polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).

3.1.2. Por cada título estranxeiro do nivel equivalente ao nivel B2 (nivel avanzado), sempre que non se acreditase o título equivalente da escola oficial de idiomas da alínea 2.4.b) no mesmo idioma:

0,50 puntos por cada título

3.2. Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades de corpo de mestres, ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou os órganos correspondentes doutras comunidades autónomas ou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, por institución sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuaranse con 0,1 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades estean expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Fotocopia compulsada do certificado destas actividades expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou a homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

3.3. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na subepígrafe 3.1.

Puntuarase con 0,01 puntos por cada 5 horas. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades e non se punturá o resto de horas inferiores a 5. Cando as actividades veñan expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Fotocopia compulsada do certificado destas actividades expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

Disposicións complementarias

Primeira. Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados e xustificados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segunda. Para os efectos do punto dous non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificados expedidos polos ministerios de Educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, no cal deberán constar o tempo de prestación de servizos e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite a materia impartida ou esta non coincida con algunha das especialidades obxecto desta convocatoria, os servizos entenderanse prestados en distinta especialidade a que se opta, segundo corresponda. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos para o castelán ou para o galego.

Terceira. Nas seguintes epígrafes, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións:

Na epígrafe 1.1: 0,084 puntos,

Na epígrafe 1.2: 0,042 puntos,

Na epígrafe 1.3: 0,042 puntos,

Na epígrafe 1.4: 0,021 puntos.

Cuarta. A experiencia docente na universidade baremarase pola epígrafe 1.4.

Quinta. Para a obtención da nota media do expediente académico nos casos en que non figure a expresión numérica completa aplicaranse as seguintes equivalencias, con independencia da convocatoria en que se obtivesen:

Aprobado e apto: cinco puntos,

Notable: sete puntos,

Sobresaliente: nove puntos,

Matrícula de honra: dez puntos.

Aquelas cualificacións que conteñan a expresión literal «ben» consideraranse equivalentes a seis puntos. Non se terán en conta as validadas.

En ningún caso se tomarán en consideración na nota media as cualificacións correspondentes a proxectos de fin de carreira, teses de licenciatura ou análogas.

No caso de que non se remita a certificación académica persoal e, na súa falta, se presente fotocopia compulsada do título ou da certificación do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo), considerarase que o aspirante obtivo a nota media de aprobado.

Para os efectos de valoración do expediente académico do título alegado, os aspirantes que obteñan o título no estranxeiro presentarán certificación expedida pola Administración educativa do país en que obtivo o título que indique a nota media deducida das cualificacións obtidas en toda a carreira e exprese, ademais, a cualificación máxima e mínima que se pode obter, de acordo co sistema académico correspondente, para os efectos de determinar a súa equivalencia coas cualificacións españolas.

Sexta. En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Sétima. Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica ou o máster de formación.

Oitava. De conformidade co artigo 6 da Orde do 11 de novembro de 1998, as equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega terán a mesma consideración legal que os cursos presenciais de iniciación e perfeccionamento.

ANEXO III

Don/Dona ..., con DNI ..., domiciliado/a para os efectos de notificación en: ... localidade ..., provincia ..., rúa ..., nº ..., teléfono ...

Expón:

Que, tendo solicitado ser admitido/a ao proceso selectivo para ingreso no corpo de inspectores de educación,

Alega, para o obxecto de que lle sexan valorados na fase de concurso os méritos que relaciona e xustifica documentalmente:

Méritos alegados:

Epígrafe 1 do baremo. Documentos xustificativos.

1.1.1.

1.1.2.

Epígrafe 2 do baremo. Documentos xustificativos.

Epígrafe 3 do baremo. Documentos xustificativos.

3.1.

3.2.

3.3.

Epígrafe 4 do baremo.

4.1.

4.2.

4.3.1

4.3.2.

ANEXO IV

Don/Dona ..., con DNI ..., domiciliado/a para os efectos de notificación en: ... localidade ..., provincia ..., rúa ..., nº ..., teléfono ...

Expón:

Que, tendo solicitado ser admitido/a ao proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres,

Pola especialidade de ..., alega, para o obxecto de que lle sexan valorados, na fase de concurso, os méritos que relaciona e xustifica documentalmente:

Méritos alegados:

Epígrafe 1 do baremo. Documentos xustificativos.

1.1.

1.2.

1.3.

1.4.

Epígrafe 2 do baremo. Documentos xustificativos.

2.1.

2.2.

2.3.

2.4.

Epígrafe 3 do baremo. Documentos xustificativos.

3.1.

3.2.

ANEXO V

Lingua galega.

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: estatus legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ao verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

ANEXO VI

O exercicio práctico a que fai referencia a base 11.3 da presente orde de convocatoria versará sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

• Educación infantil:

– Etapas mais significativas no desenvolvemento do neno de 0 a 6 anos.

– Correntes pedagóxicas e psicolóxicas e influencia na educación infantil.

– Conceptos básicos que debe dominar o neno previos á lecto-escritura.

– Metodoloxía sobre a prelectura e a preescritura.

– Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

• Lingua estranxeira: inglés:

Versará sobre a lectura comprensiva dun texto neste idioma con preguntas e respostas por escrito referidas ao texto.

• Pedagoxía terapéutica:

– Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

– Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

– Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares significativas e ampliación e desenvolvemento delas.

– Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias).

– Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

• Audición e linguaxe:

– Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

– Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

– Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares significativas e ampliación e desenvolvemento delas.

– Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias).

– Bases anatómicas, fisiolóxicas e neurolóxicas da linguaxe.

– A estimulación precoz na adquisición e desenvolvemento da linguaxe.

– Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

– Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

ANEXO VII

Don/Dona ..., con domicilio en..., e con DNI ..., declaro baixo a miña responsabilidade, para os efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo de ..., que non foi separado/a do servizo de ningunha das administracións públicas e que non está inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

..., ... de ... de 2013

Asdo.:

missing image file