Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación da contratación por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras consistente na rehabilitación enerxética do edificio de 6 VPP situado na Vila da Igrexa 33, Cerdido, A Coruña, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (expediente C-2017/REE 02).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: rehabilitación enerxética do edificio de 6 VPP situado na Vila da Igrexa, 33, Cerdido, A Coruña.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: cento vinte e un mil cento corenta e tres euros con dezanove céntimos (121.143,19 euros), IVE excluído.

b) IVE (21 %): vinte e cinco mil catrocentos corenta euros con sete céntimos (25.440,07 euros).

c) Importe total: cento corenta e seis mil cincocentos oitenta e tres euros con vinte e seis céntimos (146.583,26 euros).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no PCAP.

c) Concreción dos requisitos de solvencia técnica ou profesional: os establecidos no PCAP.

7. Obtención de documentación:

O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet www.xunta.es/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=280575 e no perfil do contratante http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro Xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B (criterios dependentes de xuízo de valor) e do sobre C (criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gasto do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo