Viernes, 2 de febrero · Número 24
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2018_0000000833

Administración Local

Municipal

A Coruña

Servizo de Persoal

Anuncio de convocatoria dun proceso de selección para a cobertura de dúas prazas de técnicos/as de residuos, para a execución dun programa temporal baixo a modalidade de funcionarios/as interinos/as

ANUNCIO

Convocatoria dun proceso de selección para a cobertura de dúas prazas de técnicos/as de residuos, para a execución dun programa temporal baixo a modalidade de funcionarios/as interinos/as

Por Resolución da Concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, de data 9 de xaneiro de 2018, convócase un proceso de selección para a cobertura de dúas prazas de Técnicos/as de residuos para a execución do programa temporal “Programa temporal de definición do novo Plan de Xestión de Residuos e Economía Circular do Concello de A Coruña e análise e definición técnica do futuro da planta de tratamento de residuos de Nostián no marco da Estratexia Metropolitana (2017-2020)”, baixo a modalidade de funcionario/a interino/a establecida no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

A duración do devandito programa de carácter temporal será ata finales de 2020, quedando condicionado para os exercicios 2019 e 2020 á consignación do crédito corresponte.

Os aspirantes deberán estar en posesión da titulación de enxeñeiro químico, industrial ou de camiños e portos.

O prazo de presentación de solicitudes é DEZ DÍAS HÁBILES, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As bases desta convocatoria están a disposición dos interesados na páxina web do Concello da Coruña (www.coruna.es) na pestana “Concello” opción “Selección de Persoal”.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2018.

O Director de Economía, Facenda e Administración

Eduardo Mera Rico

2018/833

 

©2009 Deputación da Coruña