Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9155

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros e selectividade para o exercicio 2013, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca.

Mediante a Orde do 31 de maio de 2010 (DOG número 105, do 4 de xuño) establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros e selectividade, cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca, en virtude do Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca (FEP).

A orde de bases reguladoras establece no artigo 3 que o crédito anual existente se fixará en cada orde de convocatoria e, no artigo 15, que os criterios de selección poderán ser modificados en cada convocatoria.

Convén indicar ademais que, segundo a Decisión C (2012)9373 de execución da Comisión que modifica a Decisión C (2007)6615, a taxa media de cofinanciamento do FEP é dun 75 % en todas as medidas.

Con base no anterior, procede convocar para o ano 2013 as axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros e selectividade, e fixar o crédito orzamentario, así como os criterios de selección que se aplicarán.

Por todo isto, e de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso da competencia que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria de axudas

Convócanse para o exercicio 2013 axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros e selectividade que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 31 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras destas axudas (DOG núm. 105, do 4 de xuño).

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. Para o ano 2013 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.30.723A.770.3 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para ese ano, cun importe de 4.000.000 €.

2. Os importes fixados no punto anterior deste artigo poderanse ampliar con fondos incorporados e remanentes adicionais, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

3. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

4. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEP nun 75 % e do Estado membro nun 25 %.

Artigo 3. Prazo de presentación de solicitudes

1. Para esta convocatoria de 2013 o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Neste caso, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

2. A solicitude poderá presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico: https://sede.xunta.es, de acordo ao establecido no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración Electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e unha vez aprobada pola Orde do 15 de setembro de 2011 a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos. As mencionadas imaxes electrónicas carecerán de carácter de copia auténtica. Neste caso, os solicitantes deberán anexar, ademais, unha declaración responsable de que os documentos escaneados son orixinais e auténticos, sen prexuízo de que se lle poida requirir a exhibición do documento orixinal en calquera momento da tramitación do procedemento, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Así mesmo, os interesados poderán tamén presentar a solicitude e a documentación indicada no artigo 12 punto 2, da orde reguladora destas axudas (Orde do 31 de maio de 2010; DOG número 105, do 4 de xuño), de forma presencial nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Artigo 4. Criterios de selección

1. Para a convocatoria do ano 2013 os criterios de selección serán os seguintes:

A) Frota de artes menores.

1º Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º Investimentos na mellora das condicións de traballo: 64 puntos.

3º Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos: entre 60 e 52 puntos.

i) Substitución de madeira naquelas partes da embarcación ou noutros elementos que estean en contacto cos produtos da pesca por material impermeable e adecuado para o contacto cos produtos da pesca: 60 puntos.

ii) Sistemas que melloren a conservación dos produtos da pesca a bordo (no caso do peixe, habilitación da embarcación para asegurar temperaturas próximas á fusión do xeo ou, no caso do marisco, que non afecte negativamente a súa inocuidade ou viabilidade): 56 puntos.

iii) Sistema de mellora da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros a bordo e outros investimentos distintos dos anteriores: 52 puntos.

4º Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 24 puntos.

5º Investimentos do artigo 6.2 da orde reguladora destas axudas (Orde do 31 de maio de 2010): 16 puntos.

6º Substitución do motor: 12 puntos.

7º Cambio do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético distinto dos abranguidos na definición do artigo 2 da Orde do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, axudas aos investimentos a bordo dos buques pesqueiros para mellorar o rendemento enerxético, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (DOG número 61, do 27 de marzo): 4 puntos.

B) Frota de cerco.

1º Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º Investimentos na mellora das condicións de traballo: 64 puntos.

3º Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos pesqueiros: entre 60 e 52 puntos.

i) Substitución da madeira nas bodegas ou partes do buque que estean en contacto cos produtos pesqueiros por material impermeable e adecuado para o contacto cos produtos da pesca: 60 puntos.

ii) Sistemas que melloren a conservación dos produtos da pesca a bordo: 56 puntos.

iii) Sistema de mellora da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros a bordo e outros investimentos distintos dos anteriores: 52 puntos.

4º Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 24 puntos.

5º Investimentos do artigo 6.2 da orde reguladora destas axudas (Orde do 31 de maio de 2010): 16 puntos.

6º Substitución do motor: 8 puntos.

C) Frota de arrastre litoral e arrastre en augas de Portugal.

1º Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º Investimentos na mellora das condicións de traballo: 64 puntos.

3º Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos pesqueiros: 52 puntos.

4º Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 40 puntos.

5º Investimentos do artigo 6.2 da orde reguladora destas axudas (Orde do 31 de maio de 2010): 16 puntos.

6º Substitución do motor: 8 puntos.

7º Cambio do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético distinto dos abranguidos na definición do artigo 2 da Orde do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, axudas aos investimentos a bordo dos buques pesqueiros para mellorar o rendemento enerxético, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (DOG número 61, do 27 de marzo): 4 puntos.

D) Frota do caladoiro Cantábrico Noroeste distinta das anteriores.

1º Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º Investimentos na mellora das condicións de traballo: 64 puntos.

3º Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos pesqueiros: entre 60 e 52 puntos.

i) Substitución da madeira nas bodegas ou partes do buque que estean en contacto cos produtos pesqueiros por material impermeable e adecuado para o contacto cos produtos da pesca: 60 puntos.

ii) Sistemas que melloren a conservación dos produtos da pesca a bordo: 56 puntos.

iii) Sistema de mellora da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros a bordo e outros investimentos distintos dos anteriores: 52 puntos.

4º Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 24 puntos.

5º Investimentos do artigo 6.2 da orde reguladora destas axudas (Orde do 31 de maio de 2010): 16 puntos.

6º Substitución do motor: 8 puntos.

7º Cambio do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético distinto dos abranguidos na definición do artigo 2 da Orde do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, axudas aos investimentos a bordo dos buques pesqueiros para mellorar o rendemento enerxético, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (DOG número 61, do 27 de marzo): 4 puntos.

E) Frota de altura (pesqueira comunitaria).

1º Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 80 puntos.

2º Investimentos na mellora das condicións de traballo: 64 puntos.

3º Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos: 52 puntos.

4º Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 40 puntos.

5º Investimentos do artigo 6.2 da orde reguladora destas axudas (Orde do 31 de maio de 2010): 20 puntos.

6º Cambio do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético distinto dos abranguidos na definición do artigo 2 Orde do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, axudas á investimentos a bordo dos buques pesqueiros para mellora-lo rendemento enerxético, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (DOG número 61, do 27 de marzo): 12 puntos.

7º Substitución do motor: 8 puntos.

F) Frota de grande altura (pesqueira internacional).

1º Investimentos na mellora das condicións de traballo: 64 puntos.

2º Investimentos na mellora das condicións de hixiene ou na mellora da calidade dos produtos: 52 puntos.

3º Investimentos na mellora das medidas de seguridade: 50 puntos.

4º Investimentos na mellora da selectividade ou substitución das artes de pesca: 40 puntos.

5º Investimentos do artigo 6.2 da orde reguladora destas axudas (Orde do 31 de maio de 2010): 20 puntos.

6º Cambio do motor auxiliar como mellora do rendemento enerxético distinto dos abranguidos na definición do artigo 2 da Orde do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, axudas aos investimentos a bordo dos buques pesqueiros para mellorar o rendemento enerxético, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (DOG número 61, do 27 de marzo): 12 puntos.

7º Substitución do motor: 8 puntos.

2. Ademais, engadiranse 5 puntos por cada un dos aspectos que a continuación se indican, para o cal deberán cubrir o anexo VI co que proceda:

I. Naquelas frotas en que proceda, o buque é provedor habitual da marca de calidade «pescadeRías».

II. O armador ou propietario do buque ten acordos con outros armadores para a redución de custos de, polo menos, o buque para o cal solicita axuda.

III. O buque ten mulleres enroladas desde, polo menos, a data da presentación da solicitude.

IV. O buque ten asinado un convenio colectivo ou está adherido a algún existente.

V. O buque pertence a unha organización de produtores.

VI. O buque pertence a algunha organización promotora dalgunha medida de autorregulación (norma de extensión etc.) nos últimos 3 anos.

VII. O buque ten implantado un sistema de xestión da calidade, seguridade alimentaria ou de xestión ambiental.

VIII. Polo menos nunha parte, o buque intervén na comercialización dos seus produtos pesqueiros.

IX. A empresa solicitante da axuda favorece a inserción laboral de discapacitados ou persoas en situación de exclusión social.

A Administración poderá requirir de oficio ao interesado a documentación que considere oportuna para a verificación destes feitos.

3. No caso de empate terá preferencia o buque de menor antigüidade. De seguir o empate, terán preferencia os que presentasen antes a solicitude de axuda.

En calquera caso, terán prioridade sobre o resto da frota os barcos de artes menores.

4. Terase en conta o Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia para a inclusión dos buques nas epígrafes indicadas no punto 1 deste artigo.

5. Para a concesión dunha axuda en que o investimento sexa o cambio de motor auxiliar, cómpre que o interesado presente unha auditoría enerxética que xustifique a mellora do rendemento enerxético que supón o devandito investimento.

Disposición transitoria primeira

Para esta convocatoria de 2013 entenderase por folla de asento actualizada, segundo indica o artigo 12, punto 2, letra f), aquela que sexa expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde.

Disposición transitoria segunda

Cando o buque se atope nalgún porto fóra do territorio nacional, para esta convocatoria do ano 2013 e en relación coas certificacións de non inicio e fin de obra reguladas, respectivamente, nos artigos 9 e 19 da devandita orde reguladora, a Administración, por causas xustificadas, poderá determinar a necesidade de que unha(s) persoa(s) designada(s) polo secretario xeral do Mar se desprace(n) ata onde se atope o buque para realizar a visita «in situ», correndo cos gastos do devandito desprazamento o solicitante da axuda.

Disposición transitoria terceira

Para a realización das actas de inicio e fin de obra desta convocatoria o interesado deberá poñer os medios necesarios que faculten a devandita inspección, asumindo os gastos que deriven dela.

Disposición transitoria cuarta

Para o ano 2013, salvo o cambio de motor auxiliar, os investimentos relacionados con melloras do rendemento enerxético serán obxecto dunha convocatoria específica, entendendo por rendemento enerxético todos aqueles investimentos que tenten optimizar a xeración de enerxía en relación coa súa demanda no buque, o aproveitamento da enerxía residual, así como aqueles investimentos que reduzan o consumo de combustible no buque.

Disposición transitoria quinta

Unicamente para a convocatoria do ano 2013 terán validez as actas de non inicio realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2012, salvo no caso de renuncia expresa á solicitude ou concesión da axuda ou non aceptación dela.

Disposición transitoria sexta

Para a convocatoria do ano 2013, poderase conceder axuda a aqueles solicitantes que no FEP xa tivesen tres axudas, non habendo, polo tanto, límite de número para a súa concesión.

Disposición transitoria sétima

Aqueles solicitantes aos cales se lles conceda a axuda nesta convocatoria do ano 2013 e renuncien, non acepten ou sexan declarados decaídos no seu dereito de cobramento, non serán admitidos na seguinte convocatoria.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file