Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en data 8 de outubro de 2012, relativa ao proxecto modificado do parque eólico Monteagudo, nos concellos de Arteixo, Carballo e A Laracha (A Coruña), promovido por Eólica Gallega del Atlántico, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en data 8 de outubro de 2012, relativa ao proxecto modificado do parque eólico Monteagudo, nos concellos de Arteixo, Carballo e A Laracha (A Coruña), promovido por Eólica Gallega del Atlántico, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas