Dando cumprimento ao disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, procede establecer os prezos dos servizos prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, ata agora fixados pola Orde do 1 de febreiro de 2012 (DOG nº 28, do 9 de febreiro), así como establecer os prezos dos diferentes carnés dirixidos á mocidade que se expiden a través dos servizos de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras.
A Lei 6/2003 dispón, no seu artigo 51, que a contía destes se acordará por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Facenda. Por todo iso,
DISPOÑO:
Artigo 1
1. Os prezos exixibles pola prestación de servizos e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, son os que se fixan no anexo I desta orde.
2. Os prezos relativos á expedición do Carné Xove, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE recóllense no anexo II.
3. Estes prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído. A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 6/2003, do 9 de decembro.
Artigo 2
1. Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro.
2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia para o uso de todas as súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboar as tarifas establecidas no anexo I desta orde, pola utilización dos polideportivos cubertos ou calquera material que alí figure.
3. Calquera material, incluído nesta orde, que sexa usado polos grupos devolverase no mesmo estado en que lles foi cedido e reporase ao mesmo lugar en que se atopaba. Así mesmo, serán responsables tanto das deterioracións que se causen no material coma da responsabilidade civil en que poidan incorrer por posibles danos a terceiros.
Para o emprego do material que pola súa especificidade así o exixa, os grupos deberán contar con persoal especializado e coas titulacións necesarias para a súa utilización.
Os grupos deberán presentar no momento en que vaian facer uso de material que pola súa especialidade así o requira tanto o seguro que cubra a realización da actividade coma a acreditación das titulacións referidas no parágrafo anterior.
Artigo 3
Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa poderán ter un desconto de ata un 50 % sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no programa Campaña de Verán.
Artigo 4
As persoas usuarias do Carné Xove poderán obter descontos de ata un 25 % nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A porcentaxe de desconto aplicable en cada caso especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.
Disposición derrogatoria
Queda derrogada a Orde do 1 de febreiro de 2012 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á xuventude da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, durante o ano 2012.
Malia o disposto no punto anterior, segue vixente o prezo do servizo (por praza e mes) nas residencias xuvenís para estudantes contido na alínea C do anexo I da Orde do 1 de febreiro de 2012, durante o curso 2012/13.
Disposición derradeira primeira
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.
Disposición derradeira segunda
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar
ANEXO I
Prezos relativos á utilización e aos servizos prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Consellería de Traballo e Benestar
A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán establécense os seguintes prezos por praza:
A.1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).
A.1.1. Campamentos:
Tarifa en euros
Por quenda de quince días 140
Por quenda de doce días 113
Por día 14
A.1.2. Albergues e residencias:
Por quincena 189
Por día 20
Estes prezos abranguen os seguintes servizos: o aloxamento, a alimentación en réxime de pensión completa, uso das instalacións e material de conformidade co establecido no artigo 2.2 e 2.3, consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.
Aqueles grupos que figuren inscritos no Rexistro da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar como entidades prestadoras de servizos sociais poderán obter un desconto de ata un 50 % sobre os prezos deste punto.
A.2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
A.2.1. Campamentos:
Actividades náuticas (por quenda de doce días) 207
Actividades náuticas (por quenda de oito días) 119
Actividades ao aire libre/ambiente, lúdico-deportivas e culturais
(por quenda de doce días) 176
Actividades ao aire libre/ambiente, lúdico-deportivas e culturais
(por quenda de oito días) 101
Actividades turístico-deportivas (por quenda de doce días) 207
Actividades turístico-deportivas (por quenda de oito días) 119
A.2.2. Albergues:
Actividades náuticas (por quenda de doce días) 232
Actividades náuticas (por quenda de oito días) 118
Actividades ao aire libre/ambiente, lúdico-deportivas e culturais
(por quenda de doce días) 222
Actividades ao aire libre/ambiente, lúdico-deportivas e culturais
(por quenda de oito días) 113
Actividades turístico-deportivas (por quenda de doce días) 222
Actividades turístico-deportivas (por quenda de oito días) 113
A.2.3. Campos de traballo:
Ámbito autonómico e nacional (por quenda) 90
Ámbito internacional (por quenda) 90
B. Polas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en calquera época do ano, dirixidas a mozos/as menores de idade, no eido da educación non formal e do ocio educativo alternativo.
Por participante e día 25
C. Por servizos nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), establécense os seguintes prezos por persoa:
Servizos |
Ata 30 anos |
Maiores de 30 anos |
Pensión completa |
25 |
29 |
Aloxamento |
9 |
13 |
Almorzo |
3 |
3 |
Xantar ou cea |
8 |
8 |
Para facer uso destes servizos deberase posuír o carné de alberguista en calquera das súas modalidades.
D. Servizo nas residencias xuvenís para estudantes (por praza e mes), durante o curso 2013/14.
Residentes internos/as 324
E. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.
E.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto/hora 25
E.2. Uso de pistas polideportivas descubertas/hora 10
E.3. Uso de piscina non climatizada/hora 3
E.4. Uso de material náutico. A gasolina será por conta do solicitante:
Un barco de vela media xornada 7
Un barco de vela unha xornada 14
Unha embarcación pneumática de motor media xornada 14
Unha embarcación pneumática de motor unha xornada 26
Unha canoa media xornada 5
Unha canoa unha xornada 9
F. Polo uso de locais ou salas:
Sen equipamento
Media xornada 15
Unha xornada 25
Con equipamento electrónico
Media xornada 30
Unha xornada 50
Con equipamento informático
Media xornada 40
Unha xornada 70
Media xornada é unha mañá ou unha tarde cun máximo de catro horas.
O réxime de pensión completa para grupos xa inclúe o uso das dependencias necesarias para o desenvolvemento do programa.
G. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ao aire libre:
G.1. Acampadas: 4 euros/día e persoa.
G.2. Actividades recreativo-culturais en albergues (convivencia):
31 euros/día/grupo de ata 50 usuarios/as.
46 euros/día/grupo de 51 a 100 usuarios/as.
77 euros/día/grupo de 101 a 200 usuarios/as.
144 euros/día/grupo de 201 a 300 usuarios/as.
ANEXO II
Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á mocidade
Carné Xove 6
Carné alberguista xove 5
Carné alberguista adulto 12
Carné alberguista grupo 15
Carné alberguista familiar 24
Carné alberguista para estranxeiros/as (completo) 21
Carné alberguista para estranxeiros/as (cupón) 3,50
Carné teacher (ITIC) 9
Carné internacional xove (IYTC) 9
Carné student (ISIC) 9