Lunes, 9 de octubre · Número 192
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2017_0000008295

Otras Entidades y Anuncios Particulares

Empresas y Sociedades

Fundación Refuxio de Animais

Persoal

O Padroado da Fundación Refuxio de Animais na reunión celebrada no Pazo de Raxoi do Concello de Santiago de Compostela o día 30 de agosto de 2017, acorda a publicación de estas bases para o proceso selectivo da Dirección do Refuxio de Bando e do persoal veterinario, no Boletín Oficial da Provincia, establecendo un prazo de 30 días para presentación de solicitudes dende a súa publicación.

 

POSTO DE DIRECTOR/A DO REFUXIO DE ANIMAIS DE BANDO

A Fundación Refuxio de Animais, que baixo a forma dunha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia, como fundación de interesa galego, ten a encomenda estatutaria de xestionar o Refuxio Municipal de Animais do Concello de Santiago de Compostela, sen prexuízo de que estenda as súa actuación á zona de influencia que poida determinarse dentro da Comunidade Galega.

Ademais atribúenselle outros obxectivos como a realización de actividades de xestión, coordinación, asesoramento, docencia e investigación en materia de coidados e asistencia dos animais domésticos e salvaxes en catividade, promovendo a eficacia e eficiencia e seguridade dos animais e do seu entorno.

A materialización de estes obxectivos necesita dunha dirección que será o órgano unipersoal de xestión da Fundación, que en ningún caso excederá de 4 anos prorrogábeis.

Preténdese así consolidar as principais fortalezas da Fundación Refuxio de Animais como centro público de acollida de animais sen fogar.

A materialización destes obxectivos aconsella acometer un proceso de selección para a Dirección da Fundación Refuxio de Animais, cuxo funcionamento está detallado nestas bases.

O proceso de selección seguirá unha filosofía de transparencia, abertura e concorrencia para que, atendendo aos principios de mérito, capacidade e igualdade, conclúa coa elección da persoa máis adecuada para o posto e, con ela, a consecución dos obxectivos de organización, desempeño e resultados fixados para a institución.

 

OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da convocatoria o proceso de selección para a proposta do nomeamento do posto de Director da Fundación Refuxio de Animais, con sede en Santiago de Compostela.

2. FUNCIÓNS

Entre as funcións da dirección do Refuxio tal é como se recolle no artigo 17 dos Estatutos son:

i. Executar e facer cumprir os acordos do Padroado e as instrucións do presidente impartidas no marco das súas atribucións.

ii. Exercer por delegación do presidente a representación da Fundación sen prexuízo da representación que lle corresponde ao vicepresidente nos supostos de ausencia do presidente.

iii. Propoñer e executar as estratexias e políticas de actuación da Fundación.

iv. Dirixir, xestionar e inspeccionar, consonte as directrices do Padroado, a organización e actividades da Fundación que conduzan á consecución e mantemento dun alto nivel na práctica asistencial e demais fins da entidade.

v. Establecer, aprobar e facer cumprir as normas de funcionamento interno da Fundación

vi. Elaborar e propoñer ao Padroado o orzamento anual de gastos e ingresos e se é o caso, as súas modificacións.

vii. Administrar o patrimonio segundo as leis e as atribucións conferidas polo Padroado.

viii. Ordenar os pagamentos e a xestión de tesourería de acordo cos criterios aprobados polo Padroado.

ix. Dentro dos límites establecidos polo Padroado adquirir bens e servizos e contratar obras.

x. Propoñer ao Padroado o nomeamento e cesamento dos cargos directivos.

xi. Desenvolver a política de persoal deseñada polo Padroado e para tal fin executar os acordos do Padroado sobre o réxime retributivo.

xii. Informar regularmente ao Padroado dos resultados da xestión, e financeiros e especialmente, preparar a memoria do exercicio e o balance da situación.

xiii. Exercer, en caso de urxencia, por delegación do presidente, as acción, excepcións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos dereitos e intereses da Fundación e informar ao Padroado na primeira sesión que se realice.

xiv. Calquera outra función que lle delegue o Padroado dentro dos límites establecidos na lexislación vixente.

A estas funcións principais súmanselle os novos compromisos da administración municipal para impulsar e actualizar o seu funcionamento, a través das seguintes accións:

a. Reactivar as relación e sinerxías co tecido asociativo que traballa no eido da protección animal.

b. Colaborar activamente coas entidades públicas e privadas do mundo da protección animal e medio ambiente, co fin de mellorar a atención aos animais no Refuxio ou promover campañas en prol da protección animal conxuntas.

c. Traballar na procura de recursos externos para o bo funcionamento e autonomía da Fundación como subvencións, doazóns ou patrocinios.

d. Garantir unha política de sacrificio cero nas instalacións

 

3. PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS.

Os aspirantes deberán presentar a súa instancia, comunicando o seu desexo de participar no proceso selectivo; acompañada en sobre pechado da documentación xustificativa dos requisitos e méritos alegados, así como da memoria, no Rexistro Xeral (Rúa Presidente Salvador Allende nº4 baixo, Galeras) ou no Rexistro Auxiliar do Ensanche (Frei Rosendo Salvado 14-15, baixo).

 

4. REQUISITOS DAS CANDIDATURAS

As candidaturas presentadas deberán reunir os seguintes requisitos:

a. Estar en posesión da nacionalidade española ou dun país membro da Unión Europea. Caso de nacionais de países non membros da Unión Europea o nomeamento quedará condicionado á obtención da residencia legal en España.

b. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera administración pública, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de cargos públicos.

c. Dispoñibilidade horaria para traballar en horarios diferenciados.

d. CELGA 4 ou equivalente.

e. Estar en posesión dun título de Grado universitario ou equivalente.

f. Presentación dun CV, con especial referencia aos méritos a valorar na entrevista.

g. Presentación dunha memoria de actuación a 4 anos no Refuxio, definindo fins, valores e obxectivos do mesmo, así como a estratexia, liñas de actuación e posible actuación ou campañas que se pretenden desenvolver con outras entidades implicadas. A memoria terá un máximo de 20 páxinas, tipo de letra arial, tamaño 12, interlineado sinxelo e páxinas numeradas.

 

5. PROCESO SELECTIVO.

O proceso selectivo consistirá en dúas probas: unha entrevista curricular, sobre os méritos alegados -e no seu caso acreditados- polo aspirante; e a presentación e defensa da memoria ante o órgano de selección.

a) Os méritos a ter en conta serán os seguintes:

i. Coñecemento do contexto de Santiago e arredores sobre a situación de abandono e estado dos animais, sobre todo cans e gatos.

ii. Experiencia na captación de recursos e colaboración con outras entidades privadas ou públicas.*

iii. Experiencia no desenvolvemento de campañas de dinamización de entidades e xestión de voluntariado.*

iv. Manexo de paquetes ofimáticos e outras ferramentas informáticas de xestión relacionadas coas funcións do cargo.

v. Ter colaborado como voluntaria ou voluntario en asociacións do eido animalista, medioambiental ou nun Refuxio de Animais.*

vi. Formación académica complementaria igual ou superior á esixida como requisito. *

vii. B1 en lingua estranxeira.*

* Méritos a acreditar mediante certificado académico, profesional ou laboral.

 

b) Memoria: deberá permitir a toma en consideración dos coñecementos dos aspirantes sobre as funcións e as técnicas de actuación do director do refuxio. Os criterios de valoración serán os seguintes:

i. Obxectivos, contido e calidade do proxecto.

ii. Realidade e rendibilidade do mesmo.

iii. Incrementos programados: número de entidades locais adheridas ao Refuxio, ingresos ordinarios, organizacións de voluntariado adheridas ao Refuxio, programa de adopcións e apadriñamentos.

iv. Visualización e difusión do proxecto.

 

6. ÓRGANO DE SELECCIÓN

A comprobación dos requisitos corresponderá a unha comisión integrada por funcionarios.

A avaliación discrecional dos méritos e memoria corresponderá ao órgano de selección, nomeado polo Padroado da Fundación.

Rematado o proceso selectivo, este elevará ao presidente da Fundación unha proposta de contratación, na que aparecerán o/a candidato/a que obteña a máxima puntuación e ordenados por puntuación os aspirantes que cumprisen os requisitos esixidos. Dito órgano rexerase polo disposto na Lei 40/2015, do 01 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

 

7. DURACIÓN DO CONTRATO E REMUNERACIÓN

O posto será a media xornada, ata un máximo de 25 horas, por 4 anos prorrogables por unha vez. Se a carga de traballo así o requirise, poderá mudar a xornada completa.

O salario será de 12.775,00€ anuais, con prorrateo de pagas extraordinarias.

 

 

PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL VETERINARIO PARA O REFUXIO DE BANDO.

A Fundación Refuxio de Animais, que baixo a forma dunha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia, como fundación de interesa galego, ten a encomenda estatutaria de xestionar o Refuxio Municipal de Animais do Concello de Santiago de Compostela, sen prexuízo de que estenda as súa actuación á zona de influencia que poida determinarse dentro da Comunidade Galega.

Ademais atribúenselle outros obxectivos como a xestión e coordinación das demandas de asistencia de animais necesitados de protección, tanto no que afecta as súas condicións sanitarias, de alimentación, identificación, socialización e demais coidados, como no que toca ás medidas relativas ao control de poboación e eutanasia que sexan necesarias.

A materialización de estes obxectivos, da necesidade de atención e coidados aos animais do Refuxio, necesita dun persoal veterinario a xornada completa que do mesmo xeito que a figura da dirección pretende consolidar as principais fortalezas da Fundación Refuxio de Animais como centro público de acollida de animais sen fogar.

O proceso de selección seguirá a filosofía de transparencia, apertura e concorrencia, para que, atendendo aos principios de mérito, capacidade e igualdade, conclúa coa elección da persoa máis adecuada para o posto e, con ela, a consecución dos obxectivos de organización, desempeño e resultados fixados para a institución.

 

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da convocatoria o proceso de selección para a proposta do nomeamento do posto de veterinario da Fundación Refuxio de Animais con sede en Santiago de Compostela.

2. FUNCIÓNS

Entre as funcións do persoal veterinario estará,

i. Supervisar o benestar e saúde dos animais do Refuxio e a protección da saúde pública.

ii. Diagnóstico e tratamento de animais enfermos.

iii. Aconsellar e orientar as persoas adoptantes sobre o mellor modo de coidar ós animais, alimentación e exercicio. Así como si é preciso que o animal siga algún tratamento especial.

iv. Garantir unha política de sacrificio cero nas instalacións, coordinado coa dirección.

v. Esterilización de cans, gatos e pequenas intervencións cirúrxicas.

3. PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS.

Os aspirantes deberán presentar a súa instancia, comunicando o seu desexo de participar no proceso selectivo; acompañada en sobre pechado da documentación xustificativa dos requisitos e méritos alegados, no Rexistro Xeral (Rúa Presidente Salvador Allende nº4 baixo, Galeras) ou no Rexistro Auxiliar do Ensanche (Frei Rosendo Salvado 14-15, baixo).

4. REQUISITOS DAS CANDIDATURAS

As candidaturas presentadas deberán reunir os seguintes requisitos:

a. Estar en posesión da nacionalidade española ou dun país membro da Unión Europea. Caso de nacionais de países non membros da Unión Europea o nomeamento quedará condicionado á obtención da residencia legal en España.

b. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera administración pública, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de cargos públicos.

c. Experiencia demostrable de máis dun ano en intervencións de esterilización de cans e gatos, tanto machos como femias.

d. CELGA 4 ou equivalente.

e. Estar en posesión do título de Grado ou Licenciatura en Veterinaria.

f. Estar en condicións de obter o certificado de acceso ao REGIAC.

5. PROCESO SELECTIVO.

O proceso selectivo estará dividido en tres fases: un concurso, no que se avaliarán os méritos alegados e acreditados segundo o baremo que se especifica a continuación; e unha entrevista curricular, sobre ditos méritos, avaliable cun máximo de 2 puntos. Finalmente, o aspirante contratado estará sometido a un período de proba de 3 meses, que será informado por un veterinario designado polo órgano de selección, o cal finalmente resolverá o cese ou continuación daquel.

Os méritos a ter en conta serán os seguintes:

a. Experiencia como persoal veterinario contratado en protectoras ou refuxios: 0,4 puntos/ mes completo ou fracción superior a 15 días, ata 5 puntos.

b. Experiencia laboral:

i. Por servizos prestados na administración pública no mesmo ou superior Corpo, escala ou categoría: 0,2 puntos/mes completo ou fracción superior a 15 días, ata 5 puntos;

ii. Por servizos prestados na empresa privada na mesma ou superior categoría profesional: 0,1 puntos/mes completo ou fracción superior a 15 días, ata 5 puntos.

c. Formación académica complementaria como licenciatura, grado o superior, impartida por centro público ou homologado por administración pública, e relacionada con las funciones a desempeñar: 1 punto/título oficial, ata 2 puntos.

A entrevista curricular a realizarán os membros do Padroado, e se avaliará ata un máximo de 2 puntos.

6. ÓRGANO DE SELECCIÓN

A comprobación dos requisitos corresponderá a unha comisión integrada por funcionarios.

A avaliación discrecional dos méritos e entrevista, e do informe das prácticas corresponderá ao órgano de selección, nomeado pola Presidencia da Fundación.

Rematadas as dúas primeiras fases do proceso selectivo, este elevará ao presidente da Fundación unha proposta de contratación, na que aparecerán ordenados os aspirantes que cumprisen os requisitos esixidos. Finalizadas as prácticas e á vista do informe emitido, proporá a resolución do contrato ou a confirmación do mesmo. Dito órgano rexerase polo disposto na Lei 40/2015, do 01 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

7. REMUNERACIÓN E DURACIÓN DO CONTRATO

O salario será de 25.550.04 € anuais. Contrato indefinido a xornada completa.

 

Dª. Noa María Morales Sanchez

Vicepresidenta da Fundación Refuxio de Animais

Santiago de Compostela 5 de setembro de 2017

2017/8295

 

©2009 Deputación da Coruña