Bolsa de traballo Aula D
Se fuches alumno/a da escola e buscas emprego, anotándote na nosa bolsa de traballo podemos facilitarche contacto coas empresas que, puntualmente, nos requiren profesionais para cubrir algún posto na súa plantilla ou para realizar algún proxecto freelance.

Estes datos son privados e en ningún caso seranlle entregados a terceiras persoas/empresas. No caso de ofertarse algún posto facilitarémosche a información de que dispoñamos e serás ti quen se poña en contacto coa empresa.

A escola non recibe ningún tipo de contraprestación por parte das empresas nin ten control sobre as decisións que estas tomen no referido ás contratacións. Aula D non pode influir nas condicións económicas ou contractuais dos traballos, se ben intentamos rexeitar ofertas claramente abusivas ou improcedentes. Tampouco podemos asegurar que nos cheguen ofertas inmediatamente xa que o mercado laboral é impredecible.

As ofertas publicaranse na Aula Virtual>exalumnado. Se pasaron máis de dous anos dende que remataches os teus estudos e non tes acceso á Aula Virtual ponte en contacto coa Secretaría do centro para que che habiliten unha conta.

Por outra parte, se xa estás traballando e na túa empresa precisan incorporar a alguén na súa plantilla, podes contactar connosco e darlle así unha oportunidade solidaria a algún dos outros membros da "comunidade Aula D" para optar a ese posto.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Formulario de inscrición
Nome e apelidos *
O teu enderezo de correo electrónico *
O teu teléfono de contacto *
Estudos realizados *
Ano de remate dos teus estudos na escola *
Poderías desplazarte? *
Tras rematar os teus estudos desfrutaches dunha Bolsa Feuga? *
Tiveches xa algún contrato de traballo como profesional do sector? *
Tras rematar na escola, fixeches cursos de especialización nalgunha destas áreas?
O enderezo do teu porfolio e/ou currículum online *
(páxina persoal / behance / linkedin / etc)
Algunha outra cuestión que precises comentar.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy