Martes, 2 de agosto · Número 145
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2016_0000006494

Administración Local

Provincial

Deputación Provincial da Coruña

Secretaría Xeral. Servizo de Patrimonio e Contratación

Bases para a selección de graduados en Periodismo, Ciencias da Información, ou titulación equivalente para a realización de prácticas bolseiras, na Deputación Provincial da Coruña

De conformidade coa Resolución de Presidencia de data 29 xullo de 2016 fanse públicas as seguintes Bases:

 

BASES PARA A SELECCIÓN DE GRADUADOS EN PERIODISMO, CIENCIAS DA INFORMACIÓN, OU TITULACIÓN EQUIVALENTE PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS BOLSEIRAS, NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

 

INTRODUCIÓN

 

A Deputación Provincial da Coruña está a realizar un esforzo para facer cada dia mais transparente a sua xestió e neste senso desenvolven un papel fundamental os gabinetes de comunicación como cauce de transmisión da actividade institucional e de acercamento da sua xestión aos ciudadans, desde unha práctica democrática de servicio público e unha ética corporativa que fai efectivo o dereito de información e o fomento da participación da cidadanía.

A Deputación quere poñer os seus medios a dispor do estudiantado e recén graduados para que coñezan a labor e experiencia dos gabinetes das administracións públicas coa finalidade de favorecer a sua formación práctica.

1.º. OBXECTO.

As presentes Bases teñen por obxecto a selección de bolseiros, graduados en periodismo, ciencias da información ou titulación equivalente, para a realización de prácticas na Deputación Provincial da Coruña.

2.º NÚMERO DE TITULADOS A SELECCIONAR.

O número de titulados a seleccionar será inicialmente de 2, con destino a Deputación Provincial da Coruña.

No obstante la presente convocatoria poderá estar aberta a os concellos que queran adherirse a la lista de selección.

A estos efectos confeccionarase unha lista de reserva por orden de puntuación para selección de bolseiros por parte dos concellos que desexen adherise a esta convocatoria, así como para cubrir substitucions, renuncias o vacantes, tanto na Deputación como en os concellos que quieran adherirse. La asignación de bolseiros a los concellos será por orden de petición, y en caso de igualdad de fecha de solicitud, por sorteo, pero sempre respetarase na asignación dos bolseiros o orden de prelación estabrecido por puntuación na lista de reserva.

Coa finalidade indicada no apartado anterior os participantes nesta convocatoria autorizan a Deputación a facilitar os seus datos (nombre, apelidos, dirección e teléfono) a os concellos.

 

3.º. REQUISITOS DOS SOLICITANTES.

– Non percibir ningunha axuda económica incompatible.

– Dispor do Título de graduado en periodismo, ciencias da información, ou titulación equivalente obtido a partir do ano 2013.

4.º. SOLICITUDES: DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR, LUGAR E PRAZO.

4.º.1. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

As solicitudes presentaranse nun sobre cerrado que levará o seguinte título: “documentación para optar á realización de prácticas bolseiras de graduados en periodismo, ciencias da información, ou titulación equivalente na Deputación Provincial da Coruña”.

Así mesmo, indicarase no exterior do sobre o nome, apelidos e teléfono de contacto do solicitante.

No interior do sobre incluirase a seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI.

2. Certificación académica persoal que acredite dispor do Titulo coas cualificacións obtidas, convocatoria e curso. É obrigatorio que na devandita certificación conste a nota media do expediente académico.

3. Copia cotexada doutros títulos universitarios que,no seu caso, se posúa.

4. Copia cotexada do titulo de master oficial en comunicación

5. Copia do certicado de dispor do CELGA IV OU SUPERIOR (sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas)

6. Currículum vitae do solicitante e en especial dos traballos ou prácticas realizadas e relacionadas con su especialización, acompañada da correspondente xustificación

7. Orixinal ou fotocopia compulsada de cursos, seminarios, xornadas talleres, congresos, simposios, relacionados co obxecto das presentes bolsas.

8. Declaración de non contar con axuda económica incompatible, con arranxo ao seguinte modelo:

D./Dna. ………………………………………………………………………………, con DNI n.º ……….., DECLARA que non conta con ningún tipo de axudas ou bolsas que sexan incompatibles coas da presente convocatoria para a selección de graduados en ciencias de la información, periodismo ou titulación equivalente na Deputación Provincial da Coruña”.

Data e firma

9. Dirección de correo electrónico a efectos de notificacións.

Toda a documentación presentarase en documento orixinal ou copias debidamente compulsadas.

4.2. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.

A documentación presentarase no Rexistro Xeral da Deputación ata o día19 de agosto de 2016 . e as solicitudes dirixiranse á Deputación Provincial da Coruña (Servizo de Patrimonio e Contratación), Avda. do Porto da Coruña, 2, 15006 A Coruña. Tamén poderá ser presentada dentro deste prazo en calquera dos Rexistros previstos no art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

4.3. COMUNICACIÓN DE ENVÍO MEDIANTE CORREO ELECTRÓNICO.

Os interesados deberán remitir ademais un correo electrónico, comunicando dita presentación, a patrimonio.contratacion@dacoruna.gal.

O citado correo electrónico debe remitirse dentro do prazo indicado no apartado anterior., con arranxo ao seguinte modelo:

D./Dna. ………………………………………………………………………………, con DNI n.º ……….., N.º TELÉFONO ………………. e con dirección de correo electrónico a efectos de notificacións ………………………………………………………………, pon en coñecemento da Deputación (Servizo de Patrimonio e Contratación) que presentou o día …… de agosto de 2016 a documentación para optar á selección de bolseiros graduados en periodismo, ciencias de la información, ou titulación equivalente na Deputación Provincial da Coruña”, no seguinte rexistro ou oficina:

a) Oficina de Correos (dirección e localidade) ………….….…………

b) Ou oficina (direccion e localidade) ………………………….…………

5.º. CONTÍA DA BOLSA E PERÍODO DE PRACTICAS.

A duración da bolsa será de 12 meses a contar desde o 1 de setembro de 2016. Os bolseiros realizarán as súas prácticas durante a xornada laboral do persoal e baixo a coordinación do gabinete de prensa da Deputación Provincial da Coruña e servicio de Patrimonio e Contratacion.

As bolsas poderán prorrogarse por un ano mais, en función do aproveitamento do bolseiro e das dispoñibilidades orzamentarias. Esta prórroga aprobarase previa proposta do Gabinete de prensa e do xefe do Servizo de Patrimonio e Contratacion, existencia de crédito adecuado e suficiente e aprobación por resolución de Presidencia.

A Deputación Provincial da Coruña abonará a cada un dos bolseiros 900 €/mes, con obxecto de cubrir as necesidades básicas do bolseiro en desprazamentos, manutención e aloxamento. Os pagos realizaranse mensualmente aos bolseiros nas contas bancarias que eles indiquen, coas retencións oportunas correspondentes á Seguridade Social segundo indícase no Real Decreto 1493/2011, co informe favorable do Gabinete de Prensa, Servizo de Patrimonio e Contratacion e Fiscalización.

A Deputación asumirá as achegas empresariais á Seguridade Social.

6.º. COMISIÓN DE SELECCIÓN.

Os bolseiros que participen nas actividades obxecto das presentes bases serán seleccionados por unha comisión de selección formada por:

1.–O profesor de comunicación organicional da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, D. José Miguel Tuñas López.

2.–A xefa do Servizo de Cultura e Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña, Dna. Mercedes Fernández- Albalat Ruíz.

3.–A xefa do negociado de prensa da Diputación Provincial da Coruña, Dna María Jesús Otero Diéguez.

4.–A xefa da Sección de Formación da Deputación Provincial da Coruña, Dna. Cruz Bamonde Rodríguez.

5.–Actuará como secretario, con voz pero sen voto, D. Luís Jaime Rodríguez Fernández, xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación Provincial da Coruña.

7.º. CRITERIOS DE SELECCIÓN.

7.1. Criterios.

Serán criterios de selección e de ponderación os seguintes:

1. O expediente académico persoal, ata 10 puntos.

2. Por dispor do master oficial de comunicación … 5 puntos.

3. Por dispor do Celga IV …. 5 PUNTOS.

4. Cursos, seminarios, talleres, xornadas, congresos,simposios, relacionados coas funcións de periodismo o comunicación, ata 3 puntos.

5. Currículo vitae, en especial traballos ou prácticas realizadas, ata 2 puntos.

7. 2. Baremos.

A lista elaborada para a selección dos bolseiros, por orde de puntación, servirá tamén para substitucións ou baixas, por renuncia ou calquera outra circunstancia, asi como altas ou ampliación do número de alumnos que acorde a Deputación.

No suposto de que se adhieran os concellos a esta lista, o pago das bolsas corresponderá ós concellos respectivos.

8.º. DESIGNACIÓN DOS BOLSEIROS.

A proposta da Comisión de Selección, mediante Resolución de Presidencia designaranse os bolseiros seleccionados e a relación de suplentes por orde de puntuación, que se notificará a todos os solicitantes.

En caso de baixa ou renuncia dun bolseiro que gozase de practícalas na Deputación, o Servizo de Patrimonio e Contratación comunicará esta circunstancia ao seguinte da lista de suplentes para que no prazo de cinco dias naturais a contar desde o envío do correo electrónico manifeste a súa aceptación ou renuncia á a bolsa durante o tempo que resta . Transcorrido o prazo máximo de 5 días naturais a contar desde o envío da notificación electrónica, sen que por parte do suplente contestouse, enténdese que renuncia á bolsa . Para estes efectos todos os solicitantes desta bolsa deberán proporcionar unha dirección de correo electrónico onde a Deputación poida comunicar a concesión da bolsa.

9.º. OBRIGACIÓNS DOS BOLSEIROS.

As prácticas relativas ós bolseiros da Deputación realizaranse na sede da Deputación Provincial da Coruña.

Os bolseiros realizarán as prácticas, baixo a coordinación e supervisión do persoal da Deputación (Gabinete de Prensa e xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación).

As prácticas a realizar polos bolseiros coa supervisión e asesoramento permanente indicados, e sempre contando coa autorización previa dos responsables de supervisión, serán as seguintes, a título meramente enunciativo:

1.º. Coñecer a organización, funcionamento e competencias da Deputación.

2.º. Coñecer a actividade dos concellos da provincia.

3.º. Estudiar o funcionamento do gabinete de comunicación da Deputación.

4.º. Estudiar o reflexo da actividade da Deputación nos medios de comunicación e a sua percepción polos cidadans.

5.º. Recopilar e seleccionar a información necesaria para as funciones do gabinete de comunicación.

6.º. Realizar prácticas de diseños de comunicados ou notas informativas a os medios.

7.º. Analizar o funcionamento da páxina webb da Diputación e a actualización permanente dos datos .

8.º. Estudiar aplicación das novas tecnoloxías aplicadas á comunicación.

9.º. Analizar o funcionamento das rodas de prensa e outras actividades de comunicación

10.º. Coñecer o funcionamento da publicidade institucional e as campañas de comunicación Institucional.

11.º. Así mesmo poderán desprazarse cos Técnicos da Deputación ou outros expertos para a asistir a presentación de eventos, inauguraciones, exposicions, na provincia

12.º. Formación. A Deputación a fin de contribuír á formación dos bolseiros e á actualización de coñecementos, poderá realizar cursos ou conferencias de formación, que serán impartidos por persoal da Deputación ou expertos doutras Institucións desta especialidade, estando obrigados os Bolseiros á súa asistencia.

13.º. Medios materiais. A Deputación porá ao dispor dos bolseiros os medios materiais que precisen para o desenvolvemento das prácticas, a xuízo da Dirección, ben cos medios que xa se dispoñan ou mediante a tramitación do correspondente expediente de adquisición, previa a existencia de crédito adecuado e suficiente, a súa fiscalización e aprobación polo órgano competente.

14.º. A Deputación incluirá aos bolseiros na póliza de seguros de accidente

15.º. No caso de que algún bolseiro incumpra as súas obrigacións, a Deputación Provincial da Coruña poderá revogarlle o nomeamento como bolseiro e nomear a outro no seu lugar.

16.º. O goce das bolsas obxecto desta convocatoria non implica relación laboral algunha entre os bolseiros e a Deputación Provincial.ou os concellos.

10.º. PRAZO DE INICIO DAS PRÁCTICAS.

O prazo de inicio das prácticas será con efectos dende o 1 de setembro de 2016.

11.º. PUBLICAR AS BASES E A CONVOCATORIA NO BOP.

 

 

A Coruña, 29 de xullo de 2016.

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Valentín González Formoso José Luis Almau Supervía

2016/6494

 

©2009 Deputación da Coruña